Antonio Paleo Saavedra
Antonio Paleo Saavedra, nado no Seixo (Mugardos) o 10 de maio de 1919 e finado en Hericourt en 2004, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1919 O Seixo, España |
Morte | 2004 (84/85 anos) Héricourt, Francia |
Actividade | |
Ocupación | maquis, pescador |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Cronoloxía | |
13 de decembro de 1946-20 de decembro de 1946 | evasión do Santa Teresa |
Traxectoria
editarMariñeiro en San Cibrao. Foi un dos fundadores da UGT en Cervo. Repartiu propaganda do PCE desde Oviedo, e despois encargouse de descargar armas nalgúns portos estratéxicos para a resistencia contra o fascismo. En 1944 foi procesado con José María Urquiola Iglesias, Severino González Guitián e outros no sumario 390/44 do Xulgado Militar Especial de Oviedo por un delito contra a Lei de Seguridade do Estado.[1] Estivo refuxiado en Vigo con nome falso.
Botouse ao monte e foi detido e estivo preso no castelo de San Filipe de Ferrol. Foi enlace entre o grupo de José Neira Fernández e os outros grupos da comarca do Eume. Mostrouse sempre oposto ao control comunista da guerrilla. Foi o organizador da evasión do Santa Teresa, a fuxida dun grupo de guerrilleiros vinculados ao PCE que operaban no norte de Lugo e na comarca do Eume, que na madrugada do 12 ao 13 de decembro de 1946 embarcaron a bordo do Santa Teresa na praia da Abrela, no Vicedo e chegaron a Baiona o 20 de decembro. En Francia afiliouse ao PCE e militou no PCF.
Notas
editar- ↑ Boletín Oficial da Provincia de Oviedo, 20-1-1945, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- A evasión guerrilleira no “Santa Teresa” Arquivado 20 de marzo de 2017 en Wayback Machine.
Ligazóns externas
editar- "A Mariña lembra as vítimas do fascismo". Sermos Galiza. 16 de agosto de 2012.