Antonio López Fernández (Corchas)

guerrilleiro antifranquista galego

Antonio López Fernández, coñecido como Corchas, nado no Mazo (Vilamartín de Valdeorras) en 1908 e finado en Oencia o 26 de novembro de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Antonio López Fernández
AlcumeCorchas
Nacemento1908
Lugar de nacementoO Mazo
Falecemento26 de novembro de 1945
Lugar de falecementoOencia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xastre no Mazo e despois vendedor de peixe. Membro da Sociedad de Campesinos, militante da CNT, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas e logrou escapar. Foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión e declarado en rebeldía. Foi reclamado polo xulgado militar especial de Ponferrada para ser xulgado por adhesión á rebelión xunto con Américo Nogueira Campos en xuño de 1938.[1] Cando rematou a guerra entregouse ás autoridades e foi internado na cadea do Barco de Valdeorras. Conseguiu fuxir durante un traslado á prisión de Ourense e chegar á serra onde converteu nun guerrilleiro solitario cuxas accións eran máis de bandoleirismo que de resistencia, o que lle valeu ser buscado tanto pola Garda Civil como pola Federación de Guerrillas de León-Galicia que decidiu executalo. Foi procesado por atraco en 1942 e 1944. Foi asasinado o 26 de novembro de 1945 na serra de Xestoso por un pastor cando intentaba violar a unha moza.

Notas editar

  1. BOP Lugo, 23-6-1938, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar