Antonio González Salmón

político español

Antonio González Salmón González de Lago, nado en San Felices del Valle (Cantabria) o 1 de novembro de 1768[1] e finado en Tarifa o 21 de xaneiro de 1834, foi un político español que chegou a ser Secretario de Estado e do Despacho Universal de Facenda

Antonio González Salmón
Ministros de Economía e Facenda de España
Período3 de novembro de 1819 - 2 de marzo de 1821
AntecesorJosé Imaz Baquedano
SucesorJosé Canga Argüelles
Ministro de Ultramar
Período10 de marzo de 1820 - 20 de marzo de 1820
Antecesorcargo novo
SucesorAntonio Porcel Román
Datos persoais
Nacemento1 de novembro de 1768
 San Felices del Valle (Cantabria)
Falecemento21 de xaneiro de 1834
 Tarifa
ProfesiónFacendista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Funcionario do corpo diplomático, foi cónsul Xeral en Tánxer en 1801. Foi o artífice da unión da illa de Tarifa ao continente para conseguir fondeadeiros facilmente defendibles, pois desde 1790 aparecen os primeiros proxectos diante de Carlos IV, que foron finalmente desestimados. En 1801, volveuno propor e aínda que comezaron os estudos para levalos a cabo, volveron quedar postergados. Finalmente, en 1807, Godoy deu a orde de levalos a cabo, e foron rematados en 1808.[2]

Despois foi presidente da Compañía de Filipinas e intendente provincial e superintendente de Facenda. O 3 de novembro de 1819, foi nomeado por Fernando VII secretario de Estado e do despacho de Facenda, substituíndo a José de Imaz.[3] Ostentou o cargo até o 22 de marzo de 1820 no que foi nomeado superintendente do Montepío de Loterías. Tamén foi ministro interino de Ultramar entre o 10 de febreiro e o 17 de marzo de 1820.

Condecoracións editar

Recibiu permiso de Fernando VII para ostentar a Cruz de Comendador da Orde imperial de Leopoldo, recibida do emperador de Austria polos servizos levados a cabo en cando fora cónsul de Marrocos.[4]

Predecesor:
José Imaz Baquedano
 Ministros de Economía e Facenda de España 
3 de novembro de 1819 - 22 de marzo de 1820
Sucesor:
José Canga Argüelles
Predecesor:
cargo novo
 Ministro de Ultramar 
10 de marzo de 1820 - 20 de marzo de 1820
Sucesor:
Antonio Porcel Román

Notas editar

  1. "Antonio González Salmón González de Lago" (PDF). Ministerio de Facenda. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07-05-2018. Consultado o 07-05-2018. 
  2. Patrón Sandoval, Juan A. (1º trimestre 2008). "Antecedentes históricos del puerto de Tarifa" (PDF). Ojo del muelle (1): 14–15. 
  3. Martín de Balmaseda, Fermín (1820). Decretos del Rey Fernando VII. Tomo VI. Madrid: Imprenta Nacional. p. 440. 
  4. "Concesión de permiso (23 de xaneiro de 1819)" (PDF). Gaceta de Madrid. Consultado o 07-05-2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar