Antonio Fraga Sánchez

político e empresario galego

Antonio Ángel Fraga Sánchez, nado en Teixeiro (Curtis) o 16 de maio de 1967[1], é un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaAntonio Fraga Sánchez
Biografía
Nacemento16 de maio de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Curtis, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Curtis
1999 – 2001 (dimisión)
← Luis Novo VázquezJavier Caínzos Vázquez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Partido Popular de Galicia Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, mais deixouno en terceiro curso. Logo fixo un máster en xestión medioambiental e desenvolvemento sostible na Universidade de Valencia. Foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Curtis en 1999, sendo elixido alcalde grazas a un pacto de goberno coa Plataforma Popular de Curtis. Dito acordo non estivo exento de polémica, xa que a maior parte dos integrantes da lista socialista eran de Teixeiro e os da Plataforma eran da localidade de Curtis, entre as que sempre houbo unha histórica rivalidade que nos anos 80 e 90 cristalizou nun intento de segregación. A número 2 socialista, Francisca Fernández declinou participar no acordo de goberno, e houbo un notable descontento entre diversos veciños de Teixeiro, que incluso chegaron a ameazar á nai de Fraga Sánchez. En virtude de dito acordo de goberno, Fraga cederíalle a alcaldía na metade do mandato ao candidato da Plataforma, Javier Caínzos Vázquez, o cal creaba máis descontento entre os teixeiráns máis belixerantes con Curtis. En xullo de 2001 Caínzos asumiu a alcaldía.

De cara ás municipais de 2003, os independentes da Plataforma integráronse no PPdeG. Pola súa parte, Fraga Sánchez, que pasara a ser primeiro tenente de alcalde, renunciou nun principio a seguir na actividade política; con todo, terminou integrándose como número 2 da candidatura popular ao concello, a cal logrou maioría absoluta. Desta forma Caínzos e Fraga mantivéronse como alcalde e primeiro tenente de alcalde respectivamente, logo de revalida-la maioría absoluta nas sucesivas convocatorias electorais. O 14 de xuño de 2011 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia[2]. Mantívose como deputado ata as autonómicas 2012.

Está titulado pola UNED como director e xefe de seguridade privada, e tamén ten a habilitación de piloto de RPAS.


Predecesor:
Luís Novo Vázquez
  
Alcalde de Curtis
 
1999-2001
Sucesor:
Javier Caínzos Vázquez
  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fraga Sánchez, Antonio Ángel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 224. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "El teniente alcalde de Curtis toma posesión en el Parlamento". La Voz de Galicia. 15 de xuño de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar