Luís Novo Vázquez

político galego

Luís Novo Vázquez, nado en Teixeiro en 1929 e finado na mesma localidade o 26 de setembro de 2014, foi un médico e político galego que foi alcalde de Curtis.

Infotaula de personaLuís Novo Vázquez
Biografía
Nacemento1929 Editar o valor em Wikidata
Teixeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Teixeiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Curtis
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Médico de profesión, foi candidato número 4 da lista do PPdeG de Curtis nas municipais de maio de 1991 pero non resultou elixido. Nas locais de maio de 1995 encabezou a lista do PPdeG, gañando as eleccións e sendo elixido alcalde co apoio dos independentes da Plataforma Popular de Curtis e formando un goberno de coalición con eles. Este acordo chegou tralo fracaso en 1991 dun acordo entre os mesmos independentes e os populares para facer alcalde ao popular José Pato. Durante o último mandato de José Tomé Piñeiro, a rivalidade entre as localidades de Curtis e Teixeiro chegou á súa máxima expresión co inicio por parte dos veciños de Curtis (co apoio político da Plataforma Popular de Curtis, antes Independentes de Curtis) do proceso de segregación, o cal non chegou a materializarse. As candidaturas de PSdeG e PPdeG ata o entón estaban formadas por veciños da zona de Teixeiro, mentres que a Plataforma estaba constituída por veciños da localidade de Curtis. Tralas devanditas municipais de 1995, a Plataforma converteuse en chave de goberno cos seus 3 edís, fronte aos 4 de PPdeG e PSdeG, contando con máis votos os populares. O entendemento ao longo de todo o conflito fora moito maior cos populares, a pesar do peso teixeirán da súa candidatura, primando a proximidade ideolóxica entre ambas formacións conservadoras, sendo incluso os números 2 e 3 da Plataforma militantes populares.

Novo manifestou a súa vontade de se-lo alcalde da unidade entre as dúas localidades, a pesar de ver absurda a reivindicación de Curtis, pero respectando unha hipotética segregación. En consonancia con este talante conciliador foi pregoeiro nas festas patronais curtenses de agosto de 1995. Con todo, o acordo de goberno rachou tralas acusacións realizadas polos membros da Plataforma, en xuño de 1997, de contratacións irregulares por parte de Novo Vázquez. Desta forma, tivo que seguir gobernando cun pacto de goberno co PSdeG.

Nas municipais de xuño 1999 foi derrotado pola Plataforma Popular de Curtis, a cal alcanzou un acordo de goberno co PSdeG-PSOE que supoñía a rotación na alcaldía entre os candidatos socialista e independente, Antonio Fraga Sánchez e Javier Caínzos Vázquez. Este acordo levouse a cabo a pesar das discrepancias entre os socialistas e veciños de Teixiero por chegar a un acordo cunha candidatura de Curtis. Desta forma, Novo pasou á oposición e renunciou á súa acta de concelleiro en xaneiro de 2001, retirándose definitivamente da política.


Predecesor:
José Tomé Piñeiro
  
Alcalde de Curtis
 
1995 - 1999
Sucesor:
Antonio Fraga Sánchez

Vida persoal editar

Casou con Carmen Pita Lissarrague e tiveron catro fillos. Finou o 26 de setembro de 2014.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar