Antonio Fraga Mandián
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2018) |
Antonio Fraga Mandián, nado en Betanzos o 10 de abril de 1962, é un xuíz galego. Foi decano da Coruña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1962 (62 anos) Betanzos, España |
Actividade | |
Ocupación | xuíz |
Familia | |
Parentes | Francisco Fraga García, avó |
Traxectoria
editarFillo de Antonio Fraga Fraga e neto de Francisco Fraga García, que foi condenado en 1936 pola súa defensa da República.[1] Foi alumno do Instituto Francisco Aguiar de Betanzos dende outubro de 1976 ata xuño de 1980[2]. Iniciouse na xudicatura en 1988 sendo o seu primeiro destino o xulgado de Vilagarcía de Arousa. O seu seguinte destino foi Betanzos, en 1990. Un ano despois ascendeu a maxistrado e trasladouse ao Xulgado do Social número dous de Pontevedra. En 1991 foi designado titular do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña. Foi nomeado en 1999 xuíz decano, posto que mantivo ata marzo de 2012. Despois de trece anos de decano, perdeu o posto por 22 votos a 11 contra a titular do Xulgado do Penal número 4 da Coruña, María Teresa Cortizas. É membro da Asociación Profesional da Maxistratura (APM)[3].
Problemas xudiciais da familia
editarEn decembro de 2009 a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia declarou ilegais por ir contra normas urbanísticas tanto autonómicas como locais, diversas obras e construcións feitas pola súa familia nunha casa e leira en Paderne propiedade da súa nai.[4] A lei esixe ter unha superficie mínima de 5.000 metros cadrados para poder edificar construcións deste tipo e a leira mide 1.799 metros cadrados. A Xunta de Galicia xa tiña expedientado antes á familia Mandián por realizar traballos sen autorización neste mesmo terreo, por enturbiar e desviar o leito do rego das Fragas.[5]
Xuízo contra Carlos Callón
editarO xulgado do que era titular Fraga Mandián, remitiu a Eduardo Álvarez (secretario xeral na Coruña do sindicato de ensinantes da CIG) unha notificación oficial en castelán na que se empregaba o exónimo La Coruña. O xuíz xustificouno como un erro ortográfico ao que Álvarez respondeu cualificándoo de cínico. Eduardo Álvarez foi denunciado e condenado ao pago dunha multa de 200 euros e a indemnizar con 5.000 euros a Antonio Fraga Mandián, pola inxuria ao cualificar de cínico.[6][7] O xuízo foi anulado pola Audiencia Provincial da Coruña por diversas irregularidades procesais.
Ao ser coñecida a sentenza nunha entrevista Antonio Fraga Mandián declaraba non ter ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña.[8][9]
Carlos Callón enviou dende a Mesa Pola Normalización Lingüística unha nota de prensa criticando o xuíz, polo que foi denunciado. Carlos Aymerich solidarizouse con Carlos Callón e tamén foi denunciado por Fraga Mandián, denuncia que foi arquivada.[10]
O día 9 de febreiro de 2012 a xuíza Carmen Caramés Millán instrutora do caso, foi recusada no xuízo pola avogada de Carlos Callón e o xuízo quedou adiado coa oposición do avogado de Fraga Mandián.[11]
O novo xuízo fixouse para o 30 de novembro de 2012, xa con outra xuíza. Fraga Mandián pedía 300 euros de multa para Carlos Callón e 15.000 euros por danos morais. Segundo Fraga Mandián, Callón o acusara de cometer ilegalidades e de ser un xuíz corrupto.[12] Inicialmente o xuíz valorara pedir 650.000 euros, estimados ao ser a difusión do xornal La Voz de Galicia. Pero decidiu reclamar 1,5 euros por cada vez que aparece en Google a frase: no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad La Coruña.[13]
Na sentenza, redactada en castelán, a xuíza do Xulgado de Instrución número 1 da Coruña, Natalia Paz Domínguez, resolveu absolver a Carlos Callón ao considerar que a nota de prensa do día 27 de xuño de 2008 e a súa posterior publicación en data 28 de xuño de 2008 non excede da crítica á que están sometidos tódolos poderes públicos e atópase comprendida na liberdade de expresión e información. A sentenza lembra que o único topónimo oficial é A Coruña e estableceuse como tal na Lei 2/98 de 3 de marzo, e anteriomente na Lei 3/1983 do 15 de xuño, polo que indica que as declaracións do ex xuíz suscitan polémica e controversia.[14]
Antonio Fraga Mandián recorreu a sentenza xa que segundo el: «la libertad de expresión no puede amparar el insulto a la gente o las injurias, máxime cuando se hace contra una persona que imparte justicia».[15]
A Audiencia Provincial da Coruña decidiu repetir o proceso o día 10 de maio de 2013 cun novo xuíz aceptando o recurso do avogado de Fraga Mandián.[16] No novo xuízo o avogado de Fraga Mandián preguntou a Carlos Callón se sabía que en 2008 era legal o topónimo La Coruña o que produciu risos nos asistentes e que o xuíz ordenase o desaloxo da sala. O xuíz rexeitou a pregunta ao considerala improcedente.[17] Deste xuízo volveu saír Callón absolto.[18]
Obras
editar- Enjuiciamiento Civil. Tomo I: Arts. 1 a 257 (co autor) Sepin 2008 ISBN 978-84-95762-71-9
- Enjuiciamiento Civil. Tomo II: Arts. 258 a 516 (co autor) Sepin 2008 ISBN 978-84-95762-72-6
- Enjuiciamiento Civil. Tomo III: Arts. 517 a 827 y Disposiciones (co autor) Sepin 2008 ISBN 978-84-95762-73-3
- Consentimiento Informado (consentimiento en la Actividad Médico-quirúrgica). Xunta de Galicia, 1999 ISBN 978-84-930564-0-7
Recoñecementos
editar- Cruz Distinguida de Primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort (abril de 2007)
Notas
editar- ↑ "Fraga Mandián recibe emocionado el homenaje de toda la judicatura". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ Instituto «Francisco Aguiar» de Betanzos. 50 aniversario: 1952-2002. en PDF páx. 161 e 162
- ↑ "Fraga Mandián pierde los comicios a juez decano tras 13 años en el cargo". La Opinión de A Coruña (en castelán). 17 de marzo de 2012.
- ↑ "Declarada ilegal un área de ocio de la familia del juez decano de A Coruña". El País (en castelán). 30 de decembro de 2009.
- ↑ O xuíz decano de A Coruña deféndese ante as denuncias de dúas consellerías. xornal.com
- ↑ ¿Un juez ignorante, cínico o manipulador?
- ↑ "Eduardo Álvarez é condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización.". Arquivado dende o orixinal o 03-05-2012. Consultado o 22-01-2013.
- ↑ Representantes de la cultura gallega arropan a Callón en su defensa de la ley de normalización. La Voz de Galicia
- ↑ No xulgado tanto se escribe A Coruña con L como vivenda con “dous bes” Vieiros
- ↑ "Archivada una querella de un juez contra Carlos Aymerich". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2019. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ Suspendido el juicio a Callón por injurias tras la recusación de la juez. El País.
- ↑ Visto para sentencia el juicio contra Carlos Callón. La Opinión.
- ↑ O xuíz que denunciou a Callón pídelle 15.000 euros polas "veces que saen en Google" as súas críticas. Praza.com
- ↑ ""O tremendo é que me denunciase un xuíz por eu defender a Lei de normalización lingüística" Sermos Galiza". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.
- ↑ Mandián recurrirá la sentencia por injurias y Callón le pide que «cumpra a lei» .La Voz de Galica. (en castelán)
- ↑ "A Mesa convoca unha concentración diante da Audiencia Provincial da Coruña en apoio a Carlos Callón. A Mesa pola Normalización Lingüística". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2013. Consultado o 03 de maio de 2013.
- ↑ Callón: El exjuez decano tiene más oportunidades que la Infanta. laopinioncoruna.es
- ↑ La Audiencia confirma la absolución de Callón por la denuncia por injurias que interpuso el ex juez decano coruñés La Voz de Galicia