Audiencia Provincial da Coruña
A Audiencia Provincial da Coruña é o órgano xudicial superior da provincia da Coruña.
Seccións
editarA Audiencia Provincial da Coruña coñece de asuntos civís e penais. Conta con seis seccións: tres civís (3, 4 e 5) e dous penais (1 e 2).[1][2]
Sede
editarA Audiencia Provincial ten a súa sede, dende 2017, no edificio da antiga Fábrica de Tabacos da cidade da Coruña. Porén a sección sexta, que se ocupa de asuntos civís e penais, ten a súa sede en Santiago de Compostela.
Presidencia
editarO actual presidente da Audiencia Provincial da Coruña é, dende 2019, o maxistrado Ignacio Picatoste.[3][4]
Os maxistrados que desempeñaron a presidencia da Audiencia Provincial da Coruña con anterioridade a Ignacio Picatoste foron: José Luis Seoane Spiegelberg (2006-2019), Ángel Judel Prieto (1996-2006), José María Cabanas Gancedo (1991-1996), Juan José Reigosa González (1986-1991) e Emilio Celorio Sordo (1970-1986).
Referencias
editar- ↑ "Buscador de Tribunales". www.mjusticia.gob.es.
- ↑ "C.G.P.J - Directorio de Órganos Judiciales". www.poderjudicial.es.
- ↑ "Picatoste pide la implicación activa de jueces contra la violencia machista". Cadena SER.
- ↑ "C.G.P.J - Directorio de Órganos Judiciales". www.poderjudicial.es.