Antonio Formoso Piñeiro

mestre e político galego

Antonio Agustín Formoso Piñeiro, nado en Lira (Carnota) o 16 de febreiro de 1906,[1] foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaAntonio Formoso Piñeiro
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1906 Editar o valor em Wikidata (118 anos)
Lira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Agustín Formoso Lestón. Estudou Maxisterio en Pontevedra, educando ao seu curmán Manuel Formoso Piñeiro. Foi mestre interino da Currá (Carnota) en 1929,[2] en decembro dese ano foi nomeado para o pósito de Boa (Noia),[3] e en xaneiro de 1932 para Lira.[4] Aprobou as oposicións en decembro de 1932,[5] e foi mestre en Gaxate e en maio de 1934 foi destinado a Caldebarcos (Carnota).[6] Foi presidente das Mocedades Galeguistas de Carnota e pronunciou varias conferencias de exaltación galeguista.[7][8] Foi secretario xeral do Partido Galeguista de Carnota e presentou o mitin de Castelao en Lira. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Carnota e elixido segundo tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído.[9] Depurado, foi separado definitivamente do servizo causando baixa na escala.[10]

Vida persoal editar

Casou en Vigo con Elisa Iglesias Piñeiro en decembro de 1934 e tiveron un único fillo en común, Agustín Amadeo Formoso Iglesias.[11]

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 17. 
  2. El Ideal Gallego, 28-6-1929, p. 6.
  3. El Compostelano, 13-12-1929, p. 2.
  4. La Voz de Galicia, 27-1-1932, p. 2.
  5. El Progreso, 17-12-1932, p. 3.
  6. La Voz de Galicia, 8-5-1934, p. 8.
  7. El Pueblo Gallego, 5-11-1932, p. 12.
  8. El Pueblo Gallego, 23-2-1933, p. 14.
  9. La Voz de Galicia, 5-9-1936, p. 5.
  10. El Correo Gallego, 15-5-1940, p. 3.
  11. El Pueblo Gallego, 27-12-1934, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar