Antonio Dopazo Fernández
mestre e político galego
Antonio Dopazo Fernández, nado no Pereiro de Aguiar o 15 de febreiro de 1908 e finado en Ribadavia o 14 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1908 O Pereiro de Aguiar, España |
Morte | 14 de setembro de 1936 (28 anos) Ribadavia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarVeciño de Sobrado (Triós). Foi nomeado mestre interino de Froufe (O Irixo) en marzo de 1931,[1] e de Vilouxe (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en novembro dese ano.[2] Logo de aprobar as oposicións foi nomeado mestre en propiedade de Triós en novembro de 1934.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Estivo preso en Celanova, de onde o sacaron para asasinalo no río Miño, en Codesal (Ribadavia).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Cid Fernández, Xosé Manuel (2017). "A represión franquista en Ourense. Novos argumentos contra a desmemoria da persecución sufrida polo maxisterio". Sarmiento (21): 73–99.
Ligazóns externas
editar- Antonio Dopazo Fernández na páxina web Nomes e Voces.