Antonio Budiño Carballo, nado en Pontevedra en 1955, é un militar e político galego.

Infotaula de personaAntonio Budiño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarLogística militar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militargeneral de divisão (pt) Traducir (2013–)
Generale di brigata (2011–) Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1770710

Traxectoria editar

Fillo de militar, viviu dende que tiña dous anos en León e con oito anos volveu de novo a Galicia ao se aveciñar a súa familia en Vigo, instalándose en 1973 en Madrid para preparar o ingreso na Academia General Militar, graduándose como tenente en 1976 e ingresando no corpo de intendencia. Diplomado de Estado Maior, deu clases na Academia de Intendencia e mais na Escola de Estado Maior. Participou en misións internacionais en Croacia, Albania e Iraq e foi membro da comisión de servizo no departamento de misións para o mantemento da paz da Organización das Nacións Unidas en Nova York. Ascendeu a xeneral de brigada en 2011 e foi xefe de intendencia da Rexión Militar Centro. En 2013 ascendeu a xeneral de división, facéndose cargo da dirección de asuntos económicos do Exército de Terra ata o seu paso á reserva en 2018. Malia residir en Ávila dende hai ben anos[1] nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 e nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano encabezou a lista de Vox ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra.

Notas editar