Abrir o menú principal

Anicio Olibrio foi emperador romano de Occidente entre abril e novembro de 472.[1]

Anicio Olibrio
Anicius Olybrius.png
Nacementoséculo Vxuliano
 Roma
Falecemento23 de outubro de 472
CausaEdema
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
PaiAnicius Probus
CónxuxePlacidia
FillosAnicia Xuliana
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era neto de Anicio Hermoxeniano Olibrio, cónsul de Roma no 395. Como pertencía a unha das máis importantes familias do Senado romano, o augusto Valentiniano III arranxou no 454 o seu compromiso coa menor das súas fillas, Placidia. Esta alianza matrimonial permitiulle ao emperador desfacerse de Aecio, que foi asasinado.

Cando se produciu a invasión vándala de Roma, ao ano seguinte encontrábase en Constantinopla. Alí, despois de longas negociacións, logrou a liberación de súa prometida e da nai dela, a emperatriz Eudoxia (461). Finalmente casou con Placidia e foron pais de Anicia Xuliana, no 462.

No 472, o augusto León I enviouno como mediador entre o augusto Antemio e o xeneral Ricimiro. Finalmente este e o Senado nomeárono emperador depoñendo a Antemio.

Olibrio morreu repentinamente. Foi parente de Anicio Manlio Torcuato Severino Boecio.

NotasEditar

  1. "Anicia Juliana". The Byzantine Legacy (en inglés). Consultado o 2019-01-25. 
Imperio Romano

Segue a:
Antemio
Anicio Olibrio
Precede a:
Glicerio
Imperio do Occidente