Placidia foi filla do augusto de Occidente Valentiniano III e da súa esposa a augusta Eudoxia. Foi prometida no 454 ao patricio Anicio Olibrio.

Modelo:BiografíaPlacidia
Biografía
Nacemento439 ↔ 443 Editar o valor en Wikidata
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 484 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnicio Olibrio Editar o valor en Wikidata
ParellaGaudentius Editar o valor en Wikidata
FillosAnicia Xuliana
 () Anicio Olibrio Editar o valor en Wikidata
PaisValentiniano III Editar o valor en Wikidata  e Licínia Eudóxia Editar o valor en Wikidata
IrmánsEudocia (filla de Valentiniano III) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Cando os vándalos saquean a cidade de Roma, ao ano seguinte lévana, xunto da súa nai e a súa irmá, a Cartago, onde súa irmá casou con Hunerico, fillo do rei vándalo Xenserico.

O seu prometido estaba en Constantinopla no momento do saqueo, e tras longas negociacións logra que Placidia e súa nai sexan trasladadas a Constantinopla, onde o matrimonio finalmente se realizou, no 461.

Foi nai da patricia Anicia Xuliana.

Unha cabeza marmórea, que actualmente se encontra no Musée Saint-Raymond de Tolosa, foi identificada como o seu retrato. Representa unha dama patricia, é de principios do século VI e procede de Constantinopla. Posiblemente se encontraba no adro de San Polieucto, xunto a outra estatua cuxo busto se encontra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e que representaría a súa filla Anicia Xuliana.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.