Angie Dickinson

actriz estadounidense

Angeline Dickinson (de solteira Brown), nada en Kulm (Dacota do Norte) o 30 de setembro de 1931, é unha actriz estadounidense. Comezou a súa carreira na televisión, aparecendo en moitas series de episodios durante a década de 1950, antes de obter os papeis que a revelaron en Gun the Man Down (1956) con James Arness e o western Río Bravo (1959), polo que recibiu un Globo de Ouro como nova estrela do ano.

Infotaula de personaAngie Dickinson

(1976) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Angeline Brown Editar o valor em Wikidata
30 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Kulm, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónGlendale Community College (en) Traducir
Immaculate Heart College (en) Traducir
Bellarmine-Jefferson High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión , actriz de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata - 1953 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBurt Bacharach (1965–1981)
ParellaFrank Sinatra
John F. Kennedy Editar o valor em Wikidata
FillosNikki Bacharach (en) Traducir
 () Burt Bacharach Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001141 Allocine: 3699 Allmovie: p19096 12997 TV.com: people/angie-dickinson IBDB: 38025
Musicbrainz: 3bcdfdc8-2ac8-424c-aabe-7bc59797072b Discogs: 2559836 WikiTree: Brown-55801 Editar o valor em Wikidata

Na súa carreira de seis décadas, Dickinson apareceu en máis de cincuenta filmes, incluídos China Gate (1957), Ocean's 11 (1960), The Sins of Rachel Cade (1961), Jessica (1962), Captain Newman, M.D. (1963), Os asasinos (1964), The Art of Love (1965), A manda humana (1966), A queimarroupa (1967), Pretty Maids All in a Row (1971), The Outside Man (1972) e Big Bad Mama (1974).

Entre 1974 e 1978, Dickinson interpretou a sarxenta Leann "Pepper" Anderson na serie da NBC Police Woman, pola que recibiu o Globo de Ouro á mellor actriz de serie dramática e tres candidaturas aos premios Emmy. Como protagonista aparece no suspense erótico de Brian De Palma Vestida para matar (1980).

Durante os últimos anos da súa carreira, Dickinson apareceu en varios telefilmes e miniseries, ademais de interpretar papeis secundarios en filmes como Even Cowgirls Get the Blues (1994), Sabrina (1995), Pay It Forward (2000) e Big Bad Love (2001).

Vida persoal editar

Angie estivo casada con Gene Dickinson, antigo xogador de fútbol americano entre 1952 e 1960. Durante este primeiro matrimonio fíxose amiga íntima de John Kenneth Galbraith e Catherine Galbraith. As súas longas visitas a eles e a xira cando Galbraith era embaixador estadounidense na India foron contadas amplamente nas memorias del tituladas Ambassador's Journal e A Life in Our Times.

Mantivo relacións con Frank Sinatra, Dean Martin e díxose que John F. Kennedy,[1][2] o que ela negou[3] ou rexeitou falar do tema.

Dickinson mantivo o apelido tralo divorcio. Casou con Burt Bacharach en 1965, matrimonio que durou quince anos, aínda que ao final deste pasaron un tempo separados durante o que saíron con outras persoas.[4] A súa filla Lea Nikki, naceu un ano despois da voda. Nada tres meses antes de tempo, Nikki sufriu problemas de saúde crónicos, incluída discapacidade visual, e foi diagnosticada con síndrome de Asperger. Bacharach compuxo a música da súa canción "Nikki" para a súa filla, e Dickinson rexeitou moitos papeis para centrarse nela.

Dickinson e Bacharach finalmente levárona ao Wilson Center, residencia para o tratamento psiquiátrico para adolescentes en Faribault, Minnesota,[5] onde pasou nove anos. Despois, Nikki estudou xeoloxía na Universidade Luterana de California, mais a súa pobre visión evitou que a tivese como carreira. O 4 de xaneiro de 2007, Nikki suicidouse por afogamento no seu piso de Ventura County. Tiña corenta anos.[6][7]

Dickinson tivo unha relación con Glenn Ford na década de 1980.[8] Durante varios anos nos noventa, Dickinson saíu co presentador de televisión Larry King.

Nunha entrevista en 2006 na NPR, Dickinson afirmou que era demócrata.[9] Participou na campaña de Kennedy en 1960.[10]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1954 Lucky Me Party Guest Sen acreditar
1955 Tennessee's Partner Abby Dean
1955 The Return of Jack Slade Polly Logan
1955 Man with the Gun Kitty Sen acreditar
1956 Down Liberty Road Mary Curtametraxe
1956 Hidden Guns Becky Carter
1956 Tension at Table Rock Cathy
1956 Gun the Man Down Janice
1956 The Black Whip Sally Morrow
1957 Shoot-Out at Medicine Bend Priscilla King
1957 China Gate Lucky Legs
1957 Calypso Joe Julie
1957 Iuma, a carreira da frecha Yellow Moccasin Voz
1958 I Married a Woman Screen Wife
1958 Cry Terror! Eileen Kelly
1959 Río Bravo Feathers
1960 I'll Give My Life Alice Greenway Bradford
1960 The Bramble Bush Fran
1960 Ocean's Eleven Beatrice Ocean
1961 A Fever in the Blood Cathy Simon
1961 The Sins of Rachel Cade Rachel Cade
1962 Jessica Jessica Brown Visconti
1962 Rome Adventure Lyda Kent
1963 Captain Newman, M.D. Tte. Francie Corum
1964 Os asasinos Sheila Farr
1965 The Art of Love Laurie Gibson
1966 A manda humana Ruby Calder
1966 Cast a Giant Shadow Emma Marcus
1966 The Poppy Is Also a Flower Linda Benson
1967 A queimarroupa Chris
1967 The Last Challenge Lisa Denton
1969 Sam Whiskey Laura Breckenridge
1969 Some Kind of a Nut Rachel Amidon
1969 Young Billy Young Lily Beloit
1971 Pretty Maids All in a Row Miss Betty Smith
1971 The Resurrection of Zachary Wheeler Dr. Layle Johnson
1971 See the Man Run Joanne Taylor
1972 The Outside Man Jackie Kovacs
1974 Big Bad Mama Wilma McClatchie
1979 L'Homme en colère Karen
1980 Klondike Fever Belinda McNair
1980 Vestida para matar Kate Miller
1981 Charlie Chan and the Curse of the Dragon Queen Dragon Queen
1981 Death Hunt Vanessa McBride
1984 Terror in the Aisles Kate Miller Imaxes de arquivo
1987 Big Bad Mama II Wilma McClatchie
1993 Even Cowgirls Get the Blues Miss Adrian
1995 Sabrina Ingrid Tyson
1996 The Maddening Georgina Scudder
1996 The Sun, the Moon and the Stars Abbie McGee
2000 The Last Producer Poker Player Cameo
2000 Duets Blair
2001 Pay It Forward Grace
2001 Big Bad Love Mrs. Barlow
2001 Ocean's Eleven Boxing Spectator Cameo
Remake do filme de 1960
2004 Elvis Has Left the Building Bobette

Notas editar

  1. Connelly, Sherryl (31 de marzo de 2013). "Frank Sinatra did it his drunken, sex-crazed violent way, Paul Anka writes in new book filled with sordid details of Ol' Blue Eyes". New York Daily News. Consultado o 17 de maio de 2019. 
  2. Lumenick, Lou (26 de marzo de 2015). "How Sinatra picked up Angie Dickinson in his dressing room". New York Post. Consultado o 17 de maio de 2019. 
  3. "I grew up going to movies, my daddy was the projectionist, so we got in for free." Entrevista con Mo Rocca para o seu perfil en CBS Sunday Morning, emitido o 24 de febreiro de 2019.
  4. "Showtimes, reviews, trailers, news and more — MSN Movies". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  5. Asperger's syndrome: The ballad of Nikki Bacharach Arquivado 06-07-2011 en Wikiwix, The Independent, 8 de xaneiro de 2007
  6. Burt Bacharach's daughter commits suicide Arquivado 2011-10-17 en Wayback Machine., The Washington Post, 5 de xaneiro de 2007
  7. "Burt Bacharach, Angie Dickinson's Daughter Commits Suicide". Fox News. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2011. Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  8. "Remembering Glenn Ford at 100". 
  9. "'Police Woman' Angie Dickinson". National Public Radio (NPR). 2006-05-26. Arquivado dende o orixinal o 2015-10-01. Consultado o 2015-09-30. 
  10. Kashner, Sam (xaneiro de 2008). "A Legend with Legs". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015.  Also, Report of the County Chairman by James Michener

Véxase tamén editar