Síndrome de Asperger
A síndrome de Asperger é un trastorno xeneralizado do desenvolvemento que forma parte dos trastornos do espectro autista e que implica para quen o padece dificultades significativas na interacción social. O termo utilizouno por vez primeira Lorna Wing en 1981 en honra do pediatra e psiquiatra austríaco Hans Asperger. Recoñecido por primeira vez no Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders na súa cuarta edición de 1994 (DSM-IV) afecta á vida social da persoa, as súas percepcións sensoriais e tamén á súa motricidade caracterizándose pola dificultade de interacción social, a falta de empatía, a interpretación literal da linguaxe, dificultade cos cambios, repetición de comportamentos estereotipados pero a diferenza do autismo clásico non comporta ningún atraso no desenvolvemento cognitivo ou da linguaxe do individuo.
Síndrome de Asperger | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() Amontoar repetitivamente obxectos uns sobre outros asóciase coa síndrome de Asperger. | |
ICD-10 | F84.5 |
ICD-9 | 299.80 |
OMIM | 608638 |
DiseasesDB | 31268 |
MedlinePlus | 001549 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Desde 2007, o 18 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Síndrome de Asperger [1].
NotasEditar
- ↑ "Día Internacional del Síndrome de Asperger" (en castelán). Consultado o 30.11.2022.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Muy Interesante (en castelán)