Hans Asperger
Hans Asperger, nado en Viena o 18 de febreiro de 1906 e finado o 21 de outubro de 1980, foi un pediatra e psiquiatra austríaco.
Hans Asperger | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Johann Hans Friedrich Karl Asperger |
Nacemento | 18 de febreiro de 1906 |
Lugar de nacemento | Viena |
Falecemento | 21 de outubro de 1980 |
Lugar de falecemento | Viena |
Soterrado | Neustifter Friedhof |
Nacionalidade | Austria |
Alma máter | Universidade de Viena |
Ocupación | psiquiatra e profesor universitario |
Premios | Prêmio Cardeal Innitzer |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A síndrome de Asperger é nomeada así na súa honra. Asperger publicou a primeira definición da síndrome de Asperger en 1944. Identificou un patrón de comportamento e habilidades en nenos predominantemente percibida como "psicopatía autista", unha desorde de personalidade. O patrón incluía unha "falta de empatía, reducida capacidade para as relacións sociais, conversas, solitario, unha profunda atracción por intereses específicos e movementos desaxeitados". Asperger chamou aos seus pacientes "pequenos profesores" por causa do seu amplo coñecemento nos temas do seu interese. Asperger morreu antes de que a definición deste patrón fose debidamente recoñecida, en parte porque a súa obra foi escrita en alemán e polas escasas traducións. A primeira persoa en usar o termo "síndrome de Asperger" nun xornal científico foi a investigadora británica Lorna Wing. O seu artigo, titulado "Síndrome de Asperger: unha explicación clínica"[1] foi publicado en 1981, e desafiou o modelo previamente aceptado de autismo presentado por Leo Kanner.
Notas Editar
- ↑ Wing, L. (1981). Asperger's syndrome: a clinical account. Psychol Med, 11, 115–129.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Hans AspergerArquivado 07 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.