Andrés Álvarez

trompetista, director e compositor musical galego


Andrés Álvarez Hernández, nado en Goián (Tomiño) en 1983[1], é un trompetista, director e compositor musical galego, cunha ampla traxectoria no panorama bandístico.

Infotaula de personaAndrés Álvarez
Biografía
Nacemento(es) Andrés Álvarez Hernández Editar o valor em Wikidata
1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Goián, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntrompetista , compositor , director de orquestra Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrompeta Editar o valor em Wikidata

Páxina webandresalvarez.es… Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou os estudos de interpretación na especialidade de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo e a continuación a carreira de composición neste mesmo centro de estudos, baixo as ensinanzas de mestres como Juan Eiras, Carlos Cambeiro, Pablo Beltrán ou Fernando Buide entre outros. Especialízase en composición para banda e o medio audiovisual, con mestres como Ángel Montes, Bart Picqueur, Óscar Navarro ou Ferrer Ferrán. No campo audiovisual realizou traballos de publicidade para Adolfo Domínguez, Don Flamenco e Felicia Much. Tamén realizou diversas curtametraxes e documentais; a banda sonora da longametraxe Sueños de Sal, a banda sonora de La Muda, colaborando neles o recoñecido Óscar Navarro, ou na gravación da música orixinal da serie Seis Hermanas, con música orixinal de Sergio Moure, emitida por RTVE.

Impartiu numerosos cursos de composición e instrumentación por toda a xeografía española e portuguesa, á par que formou parte de diferentes xurados, destacando o Certame internacional de banda Flicorno D’oro en Italia.

Tamén colaborou co compositor Óscar Navarro como asistente e orquestrador en diferentes traballos, coma a redución para clarinete e piano do seu I Concerto para clarinete e orquestra, a banda sonora de Indiana Jones y la búsqueda del ídolo perdido do director Fran Casanovas, a da longametraxe Sueños de Sal ou a orquestración da suite para banda e orquestra da banda sonora de La Mula.

Desde xaneiro do 2015, é director artístico da Banda de música de Chapela.

Recoñecementos editar

  • Mención de Honra pola súa composición Symphonic Sketches nos famosos premios Hollywoods Music in Media Awards (HMMA).

Obra editada editar

  • Campus Stellae: obra estreada no ano 2010 no Pazo da Cultura de Pontevedra polas bandas participantes na 2ª Sección do Certame Provincial.
  • Miniatura: composta no ano 2008, obra para trompeta e piano. Gravada por Alejo Amoedo e Moisés Lorenzo no ano 2013, ano no que se estreou, no CD La trompeta.
  • Monte Medulio: poema sinfónico. Finalista do III Concurso Galego de Composición. Foi interpretada por primeira vez en 2010 no Auditorio de Galicia pola Federación Galega de Bandas de Música Populares de Galicia.
  • O bosque animado: obra para banda baseada no libro O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez. Foi composta no ano 2011 por encargo do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, gravándoa posteriormente.
  • Fortaleza: poema sinfónico, encargo do Concello de Tomiño con motivo da rehabilitación do Forte de San Lourenzo. Foi estreada pola Agrupación Musical de Goián no ano 2013.
  • Santo Grial (2013).
  • Theseus: poema sinfónico estreado no ano 2013 pola Agrupación Musical do Rosal.
  • Diversions: obra para trompeta en dó e piano. Encargo de Rubén Simeó para a súa xira polo Xapón no ano 2013. Está incluída no CD Contemporany Trumpet, no que intervén o pianista Alejo Amoedo.
  • Vilasobroso: é un pasodobre, encargo de José Márquez Paramés. Foi estreada pola banda de Mondariz en 203 e gravada no ano 2014 pola Banda Xuvenil de Barro, coma himno de Vilasobroso.
  • Impresions: obra inicialmente composta para bombardino e piano, foi un encargo da Asociación Española de Tubas e Bombardinos, para o 1º Concurso que organizou a Asociación mencionada. Estreada en xaneiro do 2014 no Conservatorio Profesional de Música de Vigo baixo a batuta de Ignacio Fernández.
  • Namaste: pequena fantasía pensada para banda xuvenil. Composta no ano 2014.
  • Lobo de Río: poema sinfónico, composto por encargo da Banda de Música Popular de Moaña Airiños do Morrazo no ano 2014.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar