Andócides (en grego Ἀνδοκίδης), nado ca. -440 e finado en -390, foi un dos primeiros oradores áticos, membro dunha antiga familia aristocrática ateniense que se facía descender do deus Hermes. Foi acusado de tomar parte na mutilación dos hermas en -415 e de profanar os Misterios de Eleusis.

Modelo:BiografíaAndócides
Nome orixinal(grc) Ἀνδοκίδης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 440 a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 391 a. C. Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónorador, político Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiLeogoras Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1001995

Chegaron ata os nosos días tres dos seus discursos:

  1. O primeiro, Sobre o seu regreso, pronunciado na ekklesía probabelmente en -410, cando avogou sen éxito que se suprimise a limitación dos seus dereitos.
  2. O segundo, Sobre os misterios, foi escrito en -399, cando, trala rehabilitación nos seus plenos dereitos pola amnistía de -403, se defendeu con éxito contra a pretensión de que continuase suxeito á anterior limitación (o sexto discurso das obras de Lisias parece que é parte do proceso); é interesante como relato ocular dun suceso curioso na historia de Atenas.
  3. O terceiro discurso, Sobre a paz, é un discurso político que insta á paz con Esparta en -390, o cuarto ano da Guerra de Corinto.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  • Textos gregos de Andócides en Wikisource.
  • Sobre su regreso (Περί τῆς ἑαυτού καθόδου).
    • Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego.
    • Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
  • Sobre os misterios (Περί τῶν μυστηρίων).
    • Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego.
    • Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
      • Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés.
      • Texto grego en Wikisource.
  • Sobre a paz cos lacedemonios (Περί τῆς πρὸς Λακεδαιμονίους εἰρήνης).
    • Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego.
    • Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
      • Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés..
      • Texto grego en Wikisource.
  • Contra Alcibíades (Κατὰ Ἀλκιβιάδου).
    • Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao grego.
    • Texto inglés no Proxecto Perseus, coas características indicadas antes.
      • Texto grego no sitio de Ph. Remacle. Cada número de parágrafo é rótulo activo que serve para cambiar ao francés.
      • Texto grego en Wikisource.
  • Lisias: Contra Andócides (Κατά Ἀνδοκίδου ἀσέβειας).