Alphonse Trémeau de Rochebrune

Naturalista francés


Alphonse Amédée Trémeau de Rochebrune, nado o 18 de setembro de 1836 en Saint-Savin, Vienne (Francia),[1][2] e finado o 23 de abril de 1912 en París, foi un botánico, malacólogo e zoólogo francés.

Infotaula de personaAlphonse Trémeau de Rochebrune

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalAlphonse Amédée Trémeau de Rochebrune
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1836
Saint-Savin, Vienne (Francia)
Morte23 de abril de 1912
París
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónbotánico, zoólogo
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaRochebr. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaRochebrune Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun conservador do Museo de Historia Natural de Angoulême, licenciouse en medicina e ingresou no exército como médico militar, alcanzando o cargo de axudante maior en 1870. Despois de obter o título e doutor en 1874, estableceuse en África, en Saint-Louis (Senegal).

En 1878 pasou a traballar no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París, como prrparador no laboratorio de antropoloxía, e despois substitúe a Victor Bertin (1849-1880) como naturalista axudante do laboratorio de moluscos, vermes e zoófitos, despois da morte de Bertin, ocupando esta función até a súa xubilación en 1911.

Nas súas cento cincuenta publicacións, abordou os asuntos máis variados: desde a xeoloxía á paleontoloxía, desde a botánica á malacoloxía. Pódese citar especialmente o seu Catalogue des plantes phanérogames qui croissent spontanément dans le département de la Charente (1860) que realizou con Alexandre Savatier (1824-1886).

En 1882-1883, participa, co malacólogo francés Jules François Mabille na expedición científica aos mares do Sur (océano Pacífico) e ao cabo de Fornos. Como resultado desta expedición ambos os científicos describiron numerosas novas especies de moluscos. En 1889 Rochebgrunne escribiu informes sobre a súa extensa investigación. Grazas a estes estudos, fixo que o coñecemento dos moluscos progresara amplamente.[3]

Alphonse Trémeau de Rochebrune describiu por primeira vez unha lapa do paleolítico en 1854, en Mouthiers-sur-Boëme (Charente).[Cómpre referencia]

Por outra parte, en 1883, describiu a nova tribo dos Alcelaphini, única da familia dos Alcelaphinae, antílopes africanos.[4]

Algunhas publicacións editar

Abreviatura editar

A abreviatura Rochebrune emprégase para recoñecer a Alphonse Trémeau de Rochebrune como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Jaussaud, Philippe & Brygoo, Édouard R. 2004, p. 453.
  2. Adler, Kraig 2007, p. 106.
  3. Expédition scientifique française au Cap Horn Arquivado 28 de novembro de 2012 en Wayback Machine..
  4. Alcelaphini en Sistemática dos bóvidos (Stefan Hintsche, 2014), en stco.de

Véxase tamén editar

Bibliografía editar