Aliaksandr Nadsan

Aliaksandr Antonavič Nadsan[nota 1] (en belaruso: Аляксандр Антонавіч Надсан), nado o 8 de agosto de 1926[1] e finado en Londres o 15 de abril de 2015, foi un sacerdote belaruso, que exerceu de visitador apostólico para os fieis grecocatólicos belarusos no estranxeiro.

Infotaula de personaAliaksandr Nadsan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1926 Editar o valor em Wikidata
Haradzieja (Segunda República Polaca) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 2015 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Londres (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de St Pancras e Islington Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBelarús Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica bizantina belarusa e Igrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónSeminarios de profesores de Nyasvizh
Universidade de Londres
Pontificio Colexio Grego de San Atanasio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvisitador apostólico , historiador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
PaiAnton Bačko Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 231526726 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Haradzieja, preto de Niasviž, en Polonia (hoxe na rexión de Minsk, Belarús).[1] O seu pai servira como oficial no exército tsarista na primeira guerra mundial, e posteriormente participara no levantamento armado de 1920 contra os bolxeviques en Sluck.

Aliaksandr estudou matemáticas no seminario de Niasviž.[2] En 1944 emigrou de Belarús, e en 1945 foi soldado no Segundo Corpo de Polonia baixo o mando do xeneral Anders, que loitaba no norte de Italia, onde foi ferido.[2] Co seu corpo, trasladouse en 1946 ao Reino Unido, onde estudou Matemáticas na Universidade de Londres graduándose en 1953. Durante este período, Nadsan foi un dos fundadores da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña, e o seu presidente entre 1951 e 1953. Foi tamén editor dos xornais Biełarus na čužynie e Na šlachu, e participou nas actividades da sociedade académica cristiá belarusa Ruń e no Belarusian People's Independent Christian Movement.

Dende o outono de 1953, baixo a influencia de Časlaŭ Sipovič, estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e foi ordenado sacerdote o 23 de novembro de 1958. En xullo de 1959 volveu a Londres, onde retomou as súas actividades en organizacións da diáspora belarusa.

Dende 1971 foi director do Francis Skaryna Belarusian Library and Museum de Londres, a maior biblioteca belarusa no estranxeiro. Dende 1981 é cabeza da misión católica belarusa en Gran Bretaña, e dende finais dos 80, visitador apostólico de todos os fieis grecocatólicos belarusos no estranxeiro. Denden entón dedica os seus esforzos á resconstrución e fornecemento da Igrexa Católica Belarusa dentro do seu país, e o 11 de marzo de 1990 celebrou a Divina Liturxia en Minsk, a primeira vez que se facía de xeito público dende que a unión fora abolida en 1839.[2]

Foi autor de varios libros sobre a historia de Belarús, e presidiu unha fundación caritativa de axuda ás vítimas de Chernobil, levando cativos afectados pola radiación a pasar as vacacións de verán en Inglaterra, Irlanda e Gales.[2] Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Europea de Humanidades.[3]

Logo do seu pasamento o 15 de abril de 2015 os fieis greco-católicos belarusos no Reino Unido pasaron a depender da eparquía da Sagrada Familia de Londres, sendo o seu bispo Hlib Lonchyna.

Obra editar

  • Госпаду памолімся. Выдавецтва Божым шляхам. 2002. 
  • Біскуп Чэслаў Сіповіч сьвятар і беларус. Minsk. 2004. 
  • Pro patria aliena: кляштар беларускіх айцоў марыянаў у Друі, 1924-1938. 2006. 

Notas editar

Notas
  1. Coñecido no Reino Unido como Alexander Nadson.
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Апостальскі Візытатар для католікаў усходняга абраду на эміграцыі айцец Аляксандар Надсан наведае Беларусь" (en belaruso). 27 de setembro de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2014. Нагадаем, Аляксандар Надсан – апостальскі візытатар для беларусаў-каталікоў усходняга абраду - нарадзіўся 8 верасня 1926 году ў Гарадзеі. Пад час нямецкай акупацыі вучыўся ў настаўніцкай сэмінарыі ў Нясьвіжы. Скончыў курсы кіраўнікоў Саюзу Беларускай Моладзі ў Альбэртыне, менскай афіцэрскую школу БКА. З 1946 г. жыве у Вялікай Брытаніі. З 1971 г. - дырэктар бібліятэкі імя Ф. Скарыны ў Лондане. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Uprava, 2008, p. 8.
  3. Universidade Europea de Humanidades (ed.). "Honorary Doctors of the University". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2017. Consultado o 9 de xullo de 2014.  (en inglés) (en lituano) (en ruso) (en belaruso).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Uprava MHA "ZBS" "Baćkaŭščyna" (Novembro de 2008). "Postać - Aliaksandr Nadsan" (PDF). Belarusy ǔ sviečie (en belarusa) (11 (82)): 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06/06/2014. Consultado o 06/06/2014. 

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Uladzimir Tarasievič
 Visitador apostólico dos fieis greco-católicos belarusos no exterior 
1986 - 2015
Sucesor:
Hlib Lonchyna
(como bispo da Sagrada Familia de Londres)