Universidade Europea de Humanidades

A Universidade Europea de Humanidades (en belaruso: Еўрапейскі гуманітарны ўніверсітэт, "Eǔrapiejski humanitarny ǔniviersitet" (ЕГУ); en lituano: Europos humanitarinis universitetas (EHU)) é unha universidade privada sen ánimo de lucro de artes liberais, fundada en Minsk (Belarús) en 1992. Actualmente ten o seu centro en Vilnius (Lituania), dende a súa expulsión do país polas autoridades belarusas en 2004; porén, a universidade ten intención de volver a Minsk no futuro.[1] Dá servizo a máis de 1.500 estudantes, a maior parte deles belarusos. Arredor de dous terzos dos seus estudantes reciben formación a través de Internet, e o resto de forma presencial.

Universidade Europea de Humanidades
Europos humanitarinis universitetas
Еўрапейскі гуманітарны ўніверсітэт
Datos xerais
LocalizaciónVilnius, Lituania
Fundación1992
Datos actuais
ReitorProf. Dr. Anatoli Mikhailov
Datos de contacto
Páxina webwww.ehu.lt
Facebook: EHUOfficial Instagram: ehuofficial Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Entre 1992 e 2004 a UEH era unha institución de educación privada con sede en Belarús. En 2004, por mor da oposición do goberno, a UEH tivo que abandonar as súas actividades en Belarús. Porén, grazas a apoio político, económico e administrativo da Unión Europea, do Consello Nórdico de Ministros, do Goberno de Lituania, e doutras institucións, a universidade retomou a súa actividade en Vilnius. En febreiro de 2006 o goberno lituano recoñeceu o seu status como universidade lituana. Dende 2011, a UEH ofrece un doutoramento en Filosofía xunto coa Universidade Vytautas Magnus e o Instituto de Investigación da Cultura Lituana. Ademais, mantén fortes vencellos co Liceu Belaruso de Humanidades, unha escola privada secundaria tamén prohibida polas autoridades belarusas en 2004.

Notas editar

  1. "President Buzek meets Belarusian students from European Humanities University". Lithuania Tribune. 9 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar