Uladzimir Tarasievič

Uladzimir Tarasievič (en belaruso: Уладзімір Тарасевіч), nado o 27 de novembro de 1921 en Kliešniaki (voivodato de Nowogródek, Polonia; hoxe Belarús) e finado o 2 de xaneiro de 1986 en Chicago (Estados Unidos de América), foi un bispo grecocatólico belaruso, visitador apostólico para os fieis belarusos no exterior dende 1983 até o seu pasamento.

Infotaula de personaUladzimir Tarasievič
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Kliešniaki (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1986 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Procopius Abbey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
1 de xullo de 1983 –
← Časlaǔ Sipovič
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBelarús Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de América
Pontificia Universidade Gregoriana
Pontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1983–), sacerdote católico (1949–) Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónInokentii Lototskyi Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsQ6549372 Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha familia católica en Kliešniaki, preto de Hrodna, o 27 de novembro de 1921.[1] Pouco antes de comezar a segunda guerra mundial emigrou aos Estados Unidos de América xunto co seu tío, Janka Tarasievič.[1] Alí estudou no seminario e no St. Procopius College en Lisle.[1] En 1944 entrou na Orde de San Bieito,[1] e aos vinte e sete anos, o 26 de maio de 1949, foi ordenado sacerdote da devandita orde.[1]

En 1950 graduouse pola Universidade Católica de América,[1] e continuou os seus estudos en Roma, no Pontificio Instituto Oriental e na Pontificia Universidade Gregoriana,[1] doutourándose en Teoloxía en 1958.[1] Posteriormente estivo encargado até a súa morte da parroquia grecocatólica belarusa do Cristo Salvador en Chicago,[1] sendo elevado en 1975 ao rango de arquimandrita.[1] Ao pouco de volver aos Estados Unidos, o 24 de abril de 1959 dirixiu unha oración no Congreso dos Estados Unidos polo pobo belaruso.[1]

O 1 de xullo de 1983 foi nomeado bispo titular de Mariamme e visitador apostólico para os grecocatólicos belarusos no exterior.[1] Recibiu a consagración episcopal o 8 de setembro de 1983 de mans do bispo de San Nicolao de Chicago Inokentii Lototskyi.

Finou o 2 de xaneiro de 1986,[1][2] e sucedeuno como visitador apostólico Aliaksandr Nadsan.[3][4][5]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Языковіч, Ларыса Уладзіміраўна (2001). "ТАРАСЁВІЧ. Уладзімір". Рэлігія і царква на Беларусі: Энцыклапедычны даведнік (en belaruso). Беларуская энцыклапедыя. p. 323. 
  2. "Obituary" (PDF). St. Peter's Abbey Newsletter 9 (3): 14. inverno 1985-1986. 
  3. Fede e martirio: le Chiese orientali cattoliche nell'Europa del Novecento: atti del Convegno di storia ecclesiastica contemporanea. Libreria Editrice Vaticana. 2003. p. 62. ISBN 9788820927837. 
  4. Stępień, Stanisław (1994). Polska-Ukraina, 1000 lat sąsiedztwa 2. Południowo-Wschodni Instytut Naukowy. p. 177. 
  5. Michalak, Henryk Stanisław; Spodenkiewicz, Paweł (1991). Colloquium narodów: materiały z Sympozjum "Litwini, Białorusini, Ukraińcy, Polacy - Przesłanki Pojednania", Łódź, październik 1987. Nakł. Tomasza Filipczaka. p. 30. ISBN 9788300034819. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kipelʹ, Vitaŭt (1999). Belarusans in the United States. University Press of America. ISBN 9780761813064. 

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Časlaŭ Sipovič
 Visitador apostólico dos fieis grecocatólicos belarusos no exterior 
1983 - 1986
Sucesor:
Aliaksandr Nadsan