Ali Shogentsukov

poeta soviético

Ali Ashatovich Shogentsukov (en kabardino ЩоджэнцIыкIу Iэсхьэд и къуэ Алий), nado en Bekhisen o 28 de outubro de 1900 e finado Babruisk o 29 de novembro de 1941, foi un profesor, escritor e tradutor kabardino, fundador da literatura kabardina. 

Infotaula de personaAli Shogentsukov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(kbd) Щоджэнцӏыкӏу Iэсхьэд и къуэ Алий Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Baksan, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1941 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Distrito de Babrujsk Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , prosista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua kabardina e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Estatua de Ali Shogentsukov en Nalchik

Traxectoria editar

Naceu no óblast de Terek, no asentamento de Kushmezıkuey, que máis tarde se integraría na localidade de Bekhisen, xa formada a República Kabardino-Balkaria. En 1914 despois de se formar nunha escola rural entrou na madrasa de Bekhisen, pero expulsárono tras organizar unha protesta contra a decisión de cesar a Nuri Zahova (1890-1935) por ensinar materias en kabardino. Decidiu entón matricularse no Instituto Pedagóxico de Bekhisen, mais en decembro de 1917 pechou a escola por mor dos acontecementos revolucionarios e tivo que continuar a estudar en Istambul, foi na súa estadía en Turquía cando escribiu o seu primeiro poema, "Nane". En 1919 volveu a Kabardina, traballou como profesor de kabardino, foi director de escola e inspector educativo; tamén escribiu artigos en xornais, preocupándose pola lingua kabardina e a educación da xeración máis nova.

A partir de 1934 traballou na Unión de Escritores local, dedicado á identificación e promoción de novos escritores, e ao mesmo tempo desenvolveu labores como bolseiro no Instituto de Cultura da República Kabardino-Balkaria, participando en expedicións para a colleita e procesamento de material do folclore caucásico; neste labor centrouse na historia e cultura dos circasianos, tanto kabardinos como adigueos. Ao inicio da segunda guerra mundial escribiu versos patrióticos, instando aos cidadáns soviéticos a defender a patria. Participou na guerra e capturado no outono de 1941, morreu nun campo de concentración nazi en Babruisk (Belarús).

Actividade literaria editar

Considerado o creador da poesía kabardina soviética[1], escribiu unha novela en verso, 8 poemas narrativos, 2 contos, 11 poemas, 20 artigos xornalísticos e traduciu 9 obras do ruso ao kabardino.[2] A súa produción constitúe unha crónica literaria do pobo kabardino na época anterior á revolución e mais da soviética, seguindo a tradición da poesía oral kabardina[3]. Tamén marcou o inicio da prosa kabardina soviética ao publicar o seu primeiro conto en 1931. Traduciu obras de Pushkin, Lermontov, Shevchenko, Gorky e Khetagurov.

Obras editar

    • Стиххэмрэ поэмэхэмрэ, Налшык, 1938;
    • Хьэжыгъэ пут закъуэ : Рассказ. Налшык, 1940;
    • Ныбжьыщ1э хахуэ: Поэма. Налшык, 1940;
    • Стиххэмрэ поэмэхэмрэ . Налшык, 1941;
    • Тхыгъэ нэхъыф!хэр . Налшык, 1948;
    • Къамботрэ Лацэрэ. Роман //ЛХА «Кабарда». 1948. Кн.2. С. 63-74;
    • Тхыгъэхэр тхылъитIу, поэмы. Налшык, 1957;
    • Тхыгъэхэр томитIy, т. 1-2. Налшык, 1961;
    • Тхыгъэхэр . Нальчик, 1990;
    • Тхыгъэхэр. Нальчик, 2000.

Notas editar

  1. "Ali Shogentsukov" The Great Soviet Encyclopedia, 3rd Edition (1970-1979).
  2. Шоджэнц1ык1у Алий. Тхыгьэхэр (Али Шогенцуков. Сочинения. Налшык, 1990)
  3. Хизир Хаджибекирович Хапсироков (2002) Жизнь и литература: Сборник статей ОЛМА Медиа Групп, p. 91