Alfredo Iglesias Álvarez

sindicalista e político galego

Alfredo Iglesias Álvarez, nado en Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei) cara a 1882 e finado na mesma parroquia en 1956, foi un canteiro, sindicalista e político galego.

Infotaula de personaAlfredo Iglesias Álvarez
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Santa Mariña de Presqueiras, España Editar o valor em Wikidata
Morte1956 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Santa Mariña de Presqueiras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Canteiro de Alfonsín. Fundou en Forcarei a Sociedad Agraria y Ganadera en 1901. Foi tamén fundador da Sociedad de Agricultores y Oficios Varios La Igualdad de Presqueiras, da que foi elixido secretario en 1915.[1] Ambas sociedades integráronse na Federación de Agricultores y Oficios Varios de Forcarei. Candidato socialista ás eleccións municipais de 1922, foi elixido concelleiro e nomeado síndico de Forcarei na corporación presidida por Saturnino Monteagudo.[2] Cando ao cabo de tres meses o alcalde se pasou con parte dos seus correlixionarios ao bando de José Riestra López, quedaron como minoría tres concelleiros socialistas, Alfredo Iglesias, Jesús Valiñas Bouzas e José Campos Valiñas, e un comunista, José María Taberneiro Fraiz.[3] Iglesias enfrontouse ao alcalde e na sesión do pleno do 5 de maio de 1923 insultouno e ameazouno porque non lle concedeu a palabra. Por este incidente foi denunciado e xulgado por desacato en decembro de 1928.[4] Coa ditadura de Primo de Rivera o delegado gobernativo impúxolle en outubro de 1923 unha multa de 50 pesetas por coacción e ameazas a Segundo Fernández e varios empregados do Concello.[5] Expatriouse aos Estados Unidos de América.

Na Segunda República volveu ser elixido concelleiro de Forcarei. Foi dirixente da Agrupación Socialista Obrera e da Sociedad de Oficios Varios La Lealtad de Presqueiras, da UGT. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e ingresou na cadea de Pontevedra.[6] Foi liberado en decembro.[7] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Codeseda o 22 de xullo. O crego falanxista da Madanela de Montes, Aquilino López Picón, comandou un grupo de gardás civís e gardas cívicos que practicou un rexistro na súa casa no que lle incautaron "documentación socialista" que ervíu de proba de cargo no xuízo. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar na causa 525/1936 o 20 de xaneiro de 1937,[8] foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Librou da pena de morte grazas a testemuña do cura de Presqueiras, Manuel Fraiz Garrido. Estivo preso na Illa de San Simón. Foi trasladado ao Forte de San Cristovo o 17 de outubro de 1937 e o 17 de maio de 1939 pasou ao Penal de El Dueso en Santoña. Foille conmutada a pena a 3 anos o 12 de decembro de 1942. Abrírolle expediente de responsabilidades políticas en 1938,[9] e abonou a sanción en 1943.[10]

Vida persoal editar

Casou en Codeseda.

Notas editar

  1. El Progreso, 22-1-1915, p. 1.
  2. El Progreso, 7-4-1922, p. 2.
  3. Forcarei visto a través do periódico “Acción Social”
  4. El Pueblo Gallego, 11-12-1928, p. 2.
  5. El Progreso, 6-10-1923, p. 1-2-
  6. El Pueblo Gallego, 24-10-1934, p. 10.
  7. El Pueblo Gallego, 16-12-1934, p. 14.
  8. El Ideal Gallego, 21-1-1937, p. 2.
  9. El Ideal Gallego, 1-3-1938, p. 5.
  10. BOE, 26-4-1943, p. 1575.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar