Alfredo García Hermida

mestre galego

Alfredo García Hermida, nado o 26 de setembro de 1894[1] e finado en Pontevedra o 30 de decembro de 1962,[2] foi un mestre galego.

Modelo:BiografíaAlfredo García Hermida
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1894 Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónMestre e concelleiro en Pontevedra
Familia
CónxuxeMaría Alén Solla Editar o valor en Wikidata
FillosAlfredo, María Rita, Inés, Luciano, Celia, Vicente, Margarita, Francisco, Carlos e Roberto. Editar o valor en Wikidata
Premios
Orde de Afonso X o Sabio. Insignia de prata de Pontevedra en 1960

Nomes e Voces: 7490

Traxectoria

editar

Finalizou os estudos de Maxisterio en 1912. Foi mestre do Colexio Balmes de Pontevedra. Aprobou as oposicións en 1915 e foi destinado á Escola Graduada de Marín. Ao ano seguinte pasou a unha escola unitaria de Pontevedra.[3] Despois foi mestre en Mourente. Foi nomeado concelleiro de Pontevedra polo gobernador civil en decembro de 1928,[4] foi socio da Casa del Maestro de Pontevedra, da que foi vicepresidente en 1935.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo.[6] Sometido a depuración, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo durante catro meses en decembro de 1937.[7] Volveu ser nomeado concelleiro de Pontevedra nos anos cincuenta.

Recoñecementos

editar

Recibiu a Orde de Afonso X o Sabio e a insignia de prata de Pontevedra en 1960,[8] onde tamén se lle dedicou unha rúa.[9]

Vida persoal

editar

Casou con María Alén Solla en 1922 e foi pai de dez fillos: Alfredo, María Rita, Inés, Luciano, Celia, Vicente, Margarita, Francisco, Carlos e Roberto.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 50. 
  2. Hoja Oficial del Lunes, 31-12-1962, p. 3.
  3. La Noche, 30-9-1960, p. 3.
  4. El Pueblo Gallego, 2-12-1928, p. 11.
  5. El Pueblo Gallego, 11-1-1935, p. 13.
  6. Diario de Pontevedra, 31-8-1936, p. 2.
  7. Diario de Pontevedra, 1-1-1938, p. 2.
  8. El Pueblo Gallego, 4-10-1960, p. 12.
  9. "Alfredo Garcia Hermida, Pontevedra 36002". codepostalmonde.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.