Luciano García Alén
Luciano García Alén, nado na Seca de Mourente (Pontevedra) o 25 de maio de 1928 e finado o 16 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, foi un médico, investigador etnográfico galego e profesor na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1928 Mourente, España |
Morte | 16 de outubro de 2015 (87 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | Médico, investigador etnográfico e profesor na USC. |
Familia | |
Cónxuxe | María García Ayaso |
Fillos | Francisco, Luciano e María |
Pais | Alfredo García Hermida e María Alén Solla |
Irmáns | Alfredo García Alén |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarFillo de Alfredo García Hermida e María Alén Solla, mestres ambos en Pontevedra, que tiveron dez fillos, entre eles o historiador e mestre Alfredo García Alén.[2]
Cursou a primeira ensinanza da man dos seus pais, e o bacharelato nun instituto público durante o período de 1940 a 1946. Xa nesta primeira época manifestou inquedanzas culturais. Foi alumno colaborador do Museo de Pontevedra e obtivo un premio da Deputación Provincial por un traballo sobre a flora espontánea de Galicia.
Seguindo a tradición familiar, estudou a carreira de Maxisterio. Concluída esta, comezou a carreira de Medicina e a finalizou no 1952, ano no que se adscribiu ao Hospital Clínico da Facultade de Medicina na que chegou a alcanzar o grao de mestre titular de xinecoloxía e obstetricia. Estudou Citoloxía[3] en Bruxelas e Diagnóstico precoz do cáncer en Xenebra. Foi fundador, entre outros, do Hospital Policlínico La Rosaleda, en Santiago, e membro honorífico da Sociedade Española de Fertilidade, da Sociedade Española de Citoloxía e da Sociedade Galega de Citoloxía. Tamén foi nomeado "galego do mes" por El Correo Gallego en 1990.
Paralelamente dedicou gran parte da súa vida a percorrer Galiza estudando a olaría popular, sobre a que publicou diversas monografías, especialmente a obra La alfarería de Galicia, editada en dous tomos pola Fundación Pedro Barrié de la Maza coa colaboración do fotógrafo e debuxante Xosé Manuel Gómez Vilasó no 1983. [4]
Tamén escribiu libros de investigación sobre a olaría [5] como: A olería tradicional de Gundivós. As formas, A olería da Terra Chá. As formas e a cultura da olería tradicional, e un conto para nenos, O castelo da Rocha Vella, que conta a historia do castelo da Rocha Forte con tres animais: un can, unha toupa e un corvo (Oca, Federico e Manú).[6]
No empeño por dignificar a cultura popular foi patrón fundador e presidente da xunta reitora do Museo do Pobo Galego e membro do padroado do Museo de Pontevedra. En 1986, cun grupo de profesionais e empresarios, fundou e presidiu durante a súa primeira etapa o grupo de opinión Clube Nacionalista Alén Nós, tribuna pola que desfilaron a práctica totalidade das personalidades da vida cultural e política galega, así como destacados personaxes de fóra de Galicia.[7]
Obras
editar- La alfarería de Galicia. (con Alfredo García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
- Contribución al estudio de la alfarería popular en Galicia. Ediciós do Castro, 1979. ISBN 84-7492-006-X
- Os oleiros. A Coruña: Museo do Pobo Galego, 1981. ISBN 84-600-2182-3
- La alfarería de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0
- A alfarería tradicional de Buño. Carpeta de debuxos. Deputación Provincial da Coruña. Imprenta Provincial, 1986. ISBN 84-398-7361-1
- O señor das olas. Crónica de viaxes e outras historias, 1992
- A alfarería tradicional de Niñodaguia. Deseños, 2006
- A olería da Terra Chá. Vigo: Ir Indo, 2005. ISBN 84-7680-517-9
Recoñecementos
editar- Pedrón de Ouro en 2002.
- Medalla Castelao en 2009. [8]
- Medalla de Honra da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago en 2010.
- Parque Luciano García Alén, Rúa Santa Catalina, 51, 15113 Seaia, Malpica de Bergantiños.
- Fillo adoptivo de Xunqueira de Espadanedo.
- Premio Cidade de Pontevedra en 1998.[9][10]
Notas
editar- ↑ Redacción (18 de outubro de 2015). "O doutor García Alén, o señor das olas". elcorreogallego.es.
- ↑ Redacción (5 de abril de 2009). "«Meu irmán Alfredo foi quen me introduciu na arte»". lavozdegalicia.es.
- ↑ Publicación (1998). "50 años de Citología Ginecológica" (PDF). conganat.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2022. Consultado o 16 de outubro de 2022.
- ↑ Redacción (29 de novembro de 2015). "«La alfarería de Galicia» retrata los cambios profundos de la sociedad". lavozdegalicia.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal
|url=
incorrecto (Axuda) o 25 de xuño de 2020. Consultado o 16 de outubro de 2022. - ↑ Publicaciones (1979 - 2011). "Luciano García Alén". dialnet.unirioja.es.
- ↑ Redacción (23 de setembro de 2006). "A Rocha homenaxeou a Luciano García Alén". santiagodecompostela.gal.
- ↑ Redacción (15 de novembro de 2003). "La Lei do Solo será debatida en el Clube Nacionalista Alén Nós". lavozdegalicia.es (en castelán).
- ↑ Redacción (11 de xuño de 2009). "La Xunta concede las Medallas Castelao 2009 a Tarsy Carballas, Diz-Lois, García Alén, Pérez Barreiro y Valcárcel". elcorreogallego.es (en castelán).
- ↑ Redacción (5 de enero de 2011). "Pontevedreses de toda la vida". lavozdegalicia.es.
Entre los muchos pontevedreses galardonados a lo largo de los últimos cuarenta años figuran el profesor Filgueira Valverde y el galleguista Valentín Paz Andrade; los artistas internacionales, Leopoldo Nóvoa y Jorge Castillo; Agustín Portela, Alfredo y Luciano García Alén; el arqueólogo Antonio
- ↑ Retransmisión. "Retransmisión del acto de entrega a Luciano García Alén del premio Cidade de Pontevedra.".
El etnógrafo y médico recibe el premio Cidade de Pontevedra por su contribución en distintos sectores de la ciudad
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luciano García Alén |
Bibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 164–165. ISBN 84-7492-465-0.
- Asociación de Ceramología (2009). La Cerámica en Galicia: de los castros a Sargadelos (Actas del XIV Congreso Anual ed.). ISBN 978-84-693-9525-7.