Alfonso Rodrigo Méndez

mestre e político galego

Alfonso Dámaso Rodrigo Méndez, nado en Bande o 7 de abril de 1895 e finado en Pontevedra o 5 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaAlfonso Rodrigo Méndez
Biografía
Nacemento7 de abril de 1895 Editar o valor em Wikidata
Bande, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi mestre en Meira e en 1928 foi trasladado a Porto (Salvaterra de Miño).[1] Despois foi mestre de Padriñán. Organizou as Conferencias Pedagóxicas celebradas en Sanxenxo en 1932. Coordinou a vista das Misións Pedagóxicas a Vilalonga a finais de maio de 1934. Organizou coa mestra Bernarda Pereira a festa escolar do 14 de xullo de 1935. Fundador e secretario da Agrupación Socialista de Sanxenxo, estaba afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi suspendido como de emprego e soldo a finais de agosto. A noite do 5 de setembro, coa desculpa dun traslado da prisión de Pontevedra á de Caldas de Reis, foi paseado ás aforas de Pontevedra en aplicación da "lei de fugas". O seu cadáver nunca foi atopado.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 17-6-1928, p. 16.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar