Alfonso Basterra Camporro
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Alfonso Basterra Camporro, nado en 1964 en Bilbao, é un xornalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1964 (60 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Cónxuxe | Rosario Porto Ortega (1996–2020), morte do cónxuxe |
Fillos | Asunta Basterra Porto |
Traxectoria
editarNado en Bilbao, trasladouse a Galicia na década de 1980, establecéndose en Santiago de Compostela. Especializado en información económica, colaborou coa prensa local, foi correspondente dun xornal económico nacional e fixo traballos para distintos medios televisivos e radiofónicos.[1]
Casou o 4 de febreiro de 1996 coa avogada Rosario Porto Ortega,[2][3] da que posteriormente se divorciou. Ambos os esposos, sen fillos, adoptaron unha nena chinesa dun ano de idade, de nome Fang Yong, orixinaria da cidade de Yongzhou (Hunan),[4] á que lle puxeron o nome de Asunta Fang Yong, máis coñecida como Asunta Basterra Porto.
Desaparición de Asunta
editar- Artigo principal: Caso Asunta Basterra.
O 21 de setembro de 2013, cando a nena tiña 12 anos, desapareceu. Os seus pais adoptivos denunciaron a súa desaparición na tarde-noite dese mesmo día. Na madrugada do día seguinte, dúas persoas descubriron un cadáver nunha pista forestal da parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (a só 5 km da casa de campo de Rosario Porto en Montouto, tamén en Teo), alertando aos Servizos de Emerxencia, que identificaron o corpo da nena desaparecida. O día 24 de setembro a nai, Rosario Porto, foi detida e investigada por un presunto delito de homicidio. Un día despois tamén o pai, Alfonso Basterra, foi detido e investigado.[5]
O xuíz que se encargou do caso foi José Antonio Vázquez Taín, coñecido pola súa actuación anterior e recente na recuperación do Códice Calixtino (2012) e no caso do accidente ferroviario de Angrois (2013). O caso motivou grande interese e foi obxecto de numerosos reportaxes nos principais medios televisivos españois. De acordo cos datos recollidos durante a investigación, a mesma xirou en torno a unha serie de pistas, entre as que se encontran:[6]
- Unhas cordas encontradas na propiedade da nai semellantes ás empregadas para atar o cadáver da menor;[6][7]
- A presenza do medicamento ansiolítico Lorazepam en cantidades tóxicas no sangue da nena;[6][8]
- O ordenador portátil e o segundo teléfono móbil do pai desapareceron ao iniciarse a investigación, pero alguén colocounos no seu piso máis tarde, despois de manipular o disco duro.[6][9]
En xuño de 2014 o xuíz Vázquez Taín puxo fin á instrución do caso, dando paso ao proceso de apertura de xuízo oral.[10] En outubro, a Sección Sexta da Audiencia provincial da Coruña con sede en Santiago terminou cos últimos trámites xudiciais.[11] A selección do xurado popular iniciouse en maio de 2015,[12] estando previsto o comezo do xuízo para entre o 23 de xuño e o 17 de xullo do mesmo ano, pero producíronse algúns atrasos,[13] e foi finalmente a principios de outubro de 2015 cando se iniciou o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, con 84 testemuñas e 60 peritos.[14] O 30 de outubro de 2015 o xurado popular designado polo Xulgado de Santiago de Compostela determinou, por unanimidade, como culpábeis tanto a Alfonso Basterra como a Rosario Porto do asasinato de Asunta Basterra.[15] En novembro de 2015, apenas dúas semanas despois de coñecerse o veredicto, coñécese a sentenza contra os pais de Asunta Basterra: 18 anos de cárcere para cada un por un delito de asasinato coa concorrencia da agravante de parentesco.
Notas
editar- ↑ La Voz, Santiago (25 de setembro de 2013). "Alfonso Basterra, una vida para su familia". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Misterio y horror: el espeluznante caso del matrimonio que planeó durante meses el crimen de su pequeña hija en infobae.com
- ↑ Rosario Porto Ortega, en Feliciano Barrera, edit. (2002): Quién es quien en la Galicia de siglo XXI. Santiago de Compostela: Editorial Compostela, S. A. ISBN 84-8064-113-4, páxs. 458-459.
- ↑ Sonia Vizoso / Xosé Hermida (27 de setembro de 2013). El País, ed. "Asunta, una niña estudiosa y apegada a sus padres". Consultado o 21 de novembro de 2014.
- ↑ 20minutos (ed.). "Cronología del 'caso Asunta', la niña hallada muerta en Teo". Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 El País, ed. (23 de marzo de 2014). "Asunta: medio año y cabos sueltos". Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ El País, ed. (2 de novembro de 2013). "La cuerda con la que fue atada Asunta era parte de la bobina encontrada en su casa". Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ El País, ed. (4 de outubro de 2013). "Los análisis demuestran que Asunta recibió una dosis letal de ansiolítico". Consultado o 21 de novembro de 2014.
- ↑ "El ordenador y el móvil del padre de Asunta aparecen donde no estaban". elpais.com. 31 de decembro de 2013. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ El País, ed. (20 de xuño de 2014). "El juez cree que Alfonso Basterra "participó en la asfixia" de Asunta". Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ El País, ed. (19 de outubro de 2014). "La Audiencia anula las conversaciones de los padres de Asunta en el calabozo". Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ El País, ed. (11 de maio de 2015). "Seleccionadas las 36 personas de las que saldrá el jurado del caso Asunta". Consultado o 19 de outubro de 2020.
- ↑ El País, ed. (19 de xuño de 2015). "Seleccionados 20 nuevos candidatos para el jurado del 'caso Asunta'". Consultado o 19 de novembro de 2020.
- ↑ El Mundo, ed. (28 de setembro de 2015). "¿Mataron a Asunta porque les molestaba?". Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ El Mundo, ed. (30 de outubro de 2015). "Los padres de Asunta, culpables". Consultado o 19 de novembro de 2020.