Un portátil ou tamén ordenador portátil (en inglés laptop ou notebook) é unha pequena computadora persoal móbil, que pesa normalmente entre 1 e 3 quilogramos. Os portátiles son capaces de realizar a maior parte das tarefas que realizan os ordenadores de escritorio, coa vantaxe da mobilidade.

Un MacBook.

Compoñentes editar

Moitos dos compoñentes dunha computadora portátil son similares aos compoñentes das computadoras de escritorio pero habitualmente son de menor tamaño:

  • CPU de baixo consumo.
  • Discos duros de 2,5 polgadas ou menor, fronte aos discos de 3,5 polgadas dos ordenadores de sobremesa.
  • Módulos de memoria RAM SO-DIMM (Small Outline DIMM) máis pequenos que os DIMM usuais nos ordenadores de sobremesa.
  • Unidade lectora e gravadora de CD ou DVD de formato reducido.
  • Teclado integrado.
  • Pantalla integrada tipo TFT, que á súa vez realiza a función de tapa do portátil facilitando o seu transporte.
  • Panel táctil para manexar o punteiro no canto de rato.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.