Alfonsas Svarinskas

Alfonsas Svarinskas, nado o 21 de xaneiro de 1925 segundo algunhas fontes en Kadrėnai e outras fontes en Vaclavova, e finado o 17 de xullo de 2014 en Vilnius, foi un sacerdote católico lituano, disidente da ditadura soviética, político e capelán militar.

Infotaula de personaAlfonsas Svarinskas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Ukmergė District Municipality, Lituania (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 2014 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Vilnius, Lituania Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDukstyna cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Member of the Seimas (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLituania Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Vilnius Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoQ939150 Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua lituana Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Alfonsas Svarinskas naceu o 21 de xaneiro de 1925; segundo algunhas fontes naceu en Kadrėnai (concello do distrito de Ukmergė, condado de Vilnius, Lituania)[1] e segundo outras fontes en Vaclavova (rexión de Viciebsk, RSS de Belarús).[2][3] Entre 1932 e 1936 Svarinskas estudou en Vidiškiai, e posteriormente até 1942 na escola secundaria de Ukmergė. De 1942 a 1946 estudou no seminario de Kaunas.[2][3] Logo de 1946 Svarinskas foi perseguido polas súas actividades anti-soviéticas na República Socialista Soviética de Lituania.[3] Deixou o seminario e apoiou os guerrilleiros lituanos, proporcionándolles medicamentos e diferente documentación, e difundindo as súas publicacións.[4]

En decembro de 1946 Svarinskas foi detido, torturado e condenado ao gulag, e entre 1947 e 1956 estivo preso no campo de Abez, na República dos Komis.[2][3] Durante o seu cativerio, en 1954 foi ordenado sacerdote en segredo polo bispo Pranciškus Ramanauskas[2][3] e, logo da súa liberación, entre 1956 e 1957 traballou en Kulautuva, e posteriormente en 1958 en Betygala.

O 9 de abril de 1958 foi novamente detido,[2] permanecendo preso até 1964 no campo de concentración de Mordovia. En 1961 foi condenado como un particularmente perigoso reincidente (рецидивист) polo Tribunal Supremo da R. S. S. de Lituania.[2][3] Liberado en 1964, volveu a Lituania, onde desenvolveu varios ministerios pastorais: entre 1965 e 1971 traballou como vigairo en Miroslavas e en Kudirkos Naumiestis, entre 1971 e 1976 como párroco de Igliauka e Patilčiai, e entre 1976 e 1983 como párroco de Viduklė.

A partir de 1972 participou na revista católica lituana ilegal Lietuvos katalikų bažnyčios kronika. En 1978 fundou a organización de dereitos humanos Tikinčiųjų teisėms ginti katalikų komitetas xunto a outros sacerdotes disidentes.[3] En 1983 foi novamente detido e condenado, permanecendo até 1988 no campo de concentración do krai de Perm.[3] En 1988 Ronald Reagan pediu a súa liberación nunha visita a Mikhail Gorbachev en Moscova, ao que sumáronse as presións de Aministía Internacional, e Svarinskas foi liberado e deportado a Alemaña sen dereito de regreso.[5] Ata 1990 visitou as diferentes comunidades da diáspora lituana en todo o mundo, reuníndose unha ducía de veces co papa Xoán Paulo II.

Entre 1990 e 1991 foi chanceler do cardeal Vincentas Sladkevičius, e entre 1991 e 1992 deputado do Seimas. Entre 1991 e 1995 foi capelán do exército lituano, onde foi promovido ao rango de coronel. Posteriormente exerceu o seu ministerio pastoral en Kaunas, e a partir de 1998 en Kavarskas. Logo do ano 2000 pasou a vivir en Ukmergė.

Notas editar

  1. Wołowski, Paweł; Korzeniewska, Katarzyna (2006). Jak służąc Panu Bogu przechytrzyć KGB: rozmowy z twórcami "Kroniki Kościoła Katolickiego na Litwie". Wydawnictwo Rhetos. p. 104. ISBN 9788389781147. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 De Boer, S. P; Driessen, Evert J; Verhaar, Hendrik L, eds. (1982). Biographical Dictionary of Dissidents in the Soviet Union: 1956 - 1975. BRILL. p. 566. ISBN 9789024725380. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Roszkowski, Wojciech; Kofman, Jan (2016). Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century. Routledge. ISBN 9781317475934. 
  4. Streikus, Arūnas (2005). "Kunigų dalyvavimas ginkluotojo pasipriešinimo sąjūdyje". LKMA Metraštis (en lituano) (Lietuvių katalikų mokslo akademija) 26: 655. ISSN 1392-0502. [...] Alfonsas Svarinskas; jis kartu su bendramoksliais Jonu Čeponiu ir Petru Našlėnu parūpindavo partizanams vaistų, dokumentų, platindavo jų spaudą [...] 
  5. Preuße, Detlev (2014). Umbruch von unten: Die Selbstbefreiung Mittel- und Osteuropas und das Ende der Sowjetunion. Springer-Verlag. p. 159. ISBN 9783658049720.