O Seimas é o nome do Parlamento lituano, no cal reside o poder lexislativo.

Características

editar

Trátase dunha institución unicameral con 141 membros que son elixidos para un período de catro anos. Ao redor da metade dos seus membros (71) son elixidos por sufraxio universal, e a outra metade (70) segundo un criterio proporcional. Un partido necesita ter polo menos o 5% dos votos para estar representado no Seimas.

As funcións e atributos do Seimas son adoptar unha Constitución ou emendala, determinar leis, revisar e aprobar o orzamento eviado polo goberno, controlar actividades do goberno. As derradeiras eleccións tiveron lugar en setembro do ano 2000, onde foi elixido Artura Paulauskas Presidente do Seimas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar