Alfons Mucha
Alfons Maria Mucha, nado o 24 de xullo de 1860 e finado o 14 de xullo de 1939, foi un pintor e artista decorativo checo, amplamente recoñecido por ser un dos máximos expoñentes do Art Nouveau.
Alfons Mucha | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Alfons Maria Mucha |
Nacemento | 24 de xullo de 1860 |
Ivančice | |
Falecemento | 14 de xullo de 1939 |
Praga | |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Cemitério Vyšehrad |
Nacionalidade | Imperio austríaco, Imperio Austrohúngaro, República da Tchecoslováquia, Segunda República da Checoslováquia, Alemaña nazi e República Checa |
Etnia | Pobo checo |
Alma máter | Academia de Belas Artes de Munique e Academia Julian |
Ocupación | cartelista, litógrafo, fotógrafo, deseñador gráfico, pintor, deseñador de selos e deseñador |
Cónxuxe | Marie Chytilová |
Fillos | Jiří Mucha e Jaroslava Muchová |
Coñecido por | The Slav Epic |
Premios | Orde de Francisco José, Honorary Citizenship of Letohrad e oficial da Lexión de Honor |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu na cidade de Ivancice, Moraviao 24 de xullo de 1860. As súas habilidades para o canto permitíronlle continuar a súa educación secundaria en Brno, capital de Moravia; con todo desde neno sentiuse principalmente atraído polo debuxo. Traballou en empregos de pintura decorativa en Moravia, principalmente para postas teatrais. En 1879 mudouse a Viena para traballar cunha compañía vienesa de deseño teatral logrando informalmente completar a súa educación artística. Cando en 1881 un incendio destruíu o negocio dos seus empregadores, regresou a Moravia, traballando de xeito independente, facendo pinturas decorativas e retratos. O Conde Kart Khuen de Mikulov contratouno para decorar con murales o Castelo de Hrusovany Emmahof, e quedou tan gratamente impresionado que acordou apadriñar a aprendizaxe formal de Mucha na Academia de Belas Artes de Múnic.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alfons Mucha |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |