Alessandro Farnese (duque de Parma)
Alessandro Farnese, nado en Roma o 27 de agosto de 1545 e finado en Arras (Francia) o 3 de decembro de 1592, foi un xeneral español e duque de Parma.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1545 Roma, Italia |
Morte | 3 de decembro de 1592 (47 anos) Arras, Francia |
Lugar de sepultura | Sanctuary of Santa Maria della Steccata (en) |
Gobernador dos Países Baixos | |
1578 – 1592 ← Xoán de Austria – Peter Ernst I. von Mansfeld (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Alcalá (histórica) (pt) |
Actividade | |
Ocupación | militar, diplomático, militante |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Guerra de Flandres Guerra anglo-española de 1585-1604 |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Casa de Farnesio |
Cónxuxe | Maria de Portugal, Duquesa de Parma e Piacenza (1566 (Gregoriano)–) |
Fillos | Margarida Farnésio, Ranuccio I Farnésio, Eduardo Farnésio |
Pais | Octávio Farnésio e Margarida de Parma |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Farnese, Alessandro Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarFillo de Margarida de Parma e polo tanto neto de Carlos I. Estudou na Corte española e casou con María de Portugal. En 1571 destacou na batalla de Lepanto como man dereita de Juan de Austria. No 1574 ordénaselle dirixi-los terzos españois en Italia, cos que se dirixiu a Flandres para defende-los intereses da coroa. No 1578 seguindo a recomendación do seu fillo Xoán, Filipe II nomeouno gobernador dos Países Baixos.
Durante o seu goberno tomou Maastricht e confirmou a vixencia do Edicto Perpetuo, tratado polo cal Filipe II era recoñecido como único monarca lexítimo dos Países Baixos e a católica como a única relixión. Nos seguintes anos, combatendo contra a Unión de Utrecht comandada por Guillerme de Orange, Farnesio tivo que ceder algunhas prazas importantes: Cambrai, Anveres... Pero cos asasinatos do duque de Anjou e de Guillerme de Orange, líderes da Unión de Utretch, os terzos españois recuperaron Bruxelas, Gante e Anveres (1585).
No 1587 defende Flandres contra a invasión inglesa comandada polo duque de Leicester.
En 1590 entra en Francia para defende-los intereses da Liga Católica e derrota a Henrique IV na batalla de Ligny. Logo liberou vilas como Nimega e Rúan, e venceu a Henrique IV unha vez máis na batalla de Aumale. Falecería de febre tras recibir unha bala nunha das batallas en Francia.
Un terzo da Lexión Española leva na súa honra o seu nome.