Alejandro López Sánchez

futbolista español

Alejandro "Álex" López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol da Primeira División RFEF.

Álex López
Información persoal
Nome Alejandro López Sánchez
Nacemento 11 de xaneiro de 1988 (36 anos)
Lugar de nacemento Ferrol
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Racing de Ferrol
Número 8
Carreira xuvenil
Horreo
1999–2000 Racing San Pedro CF
2000–2002 San Rosendo CF
2002–2005 Racing de Ferrol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Racing de Ferrol 5 (0)
2005–2006O Val (cedido)
2007–2009 Narón 12 (4)
2009–2010 Celta de Vigo B 36 (13)
2009–2017 Celta de Vigo 163 (17)
2015–2016Sheffield Wednesday FC (cedido) 24 (0)
2016–2017Valladolid (cedido) 30 (1)
2017–2018 Sporting de Gijón 11 (0)
2018–2019 Brisbane Roar 25 (3)
2019– Racing de Ferrol 96 (7)
Selección nacional
2004 España sub-16 1 (0)
2005 España sub-17 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de abril de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol e debutou co primeiro equipo con só 15 anos, nun partido ante o Deportivo da Coruña no Trofeo Concepción Arenal de 2003.[1] O seu debut en partido oficial produciuse o 15 de maio de 2005, nun partido da Segunda División.[2] Con tan só dezasete anos, Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.

Pola falta de oportunidades no Racing, decidiu buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno da tempada 2006/07 asinou polo Narón Balompé da Terceira División. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o o club vigués e o Racing de Ferrol, confirmouse finalmente a súa fichaxe polo club celeste[3].

Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que o Celta disputou contra o Nàstic de Tarragona[4]. Con todo, non chegou a xogar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.

No verán de 2019 regresou á súa cidade natal para formar de novo no Racing de Ferrol.

Clubs editar

Ano Club División Encontros Goles
2004-2005 Racing de Ferrol Segunda 2 0
2005-2006 SD O Val (cedido) Terceira
2006-2007 Racing de Ferrol Segunda B 3 0
2007-2008 Narón BP Terceira
2008-2009 Narón BP Terceira
2009-2010 Celta de Vigo B Segunda B 36 13
2009-2010 Celta de Vigo Segunda 2 0
2010-2011 Celta de Vigo Segunda 35 3
2011-2012 Celta de Vigo Segunda 36 6
2012-2013 Celta de Vigo Primeira 33 2
2013-2014 Celta de Vigo Primeira 31 5
2014-2015 Celta de Vigo Primeira 25 1

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar