Alberto Noguerol
Alberto Noguerol del Río, nado en Callobre (Miño) o 12 de xaneiro de 1943 e finado na Coruña 12 de setembro de 2024, foi un arquitecto galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1943 Callobre, España |
Morte | 12 de setembro de 2024 (81 anos) A Coruña, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Traxectoria
editarArquitecto dende 1974, ano no que se licenciou na ETSA de Barcelona. No ano 1980 crea o estudio de Arquitectura Noguerolydiez xunto coa súa esposa, Pilar Díez Vázquez, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona.
Alberto Noguerol comeza a súa andaina docente na Escola de Barcelona como profesor de Proxectos entre os anos 1978 e 1986. Dende entón impartiu clases de Proxectos na ETSA Coruña ata o 2013. Dende o 1980 numerosas exposicións, catálogos, guías de arquitectura, libros e publicacións varias teñen prestado atención á súa obra e ás súas propostas.
O seu traballo caracterízase formalmente polo emprego dunha enorme simplicidade volumétrica e visual, herdeira da tradición primeira da arquitectura do século XX.[1]
Obras destacadas
editar- Edificio Municipal de Servizos, L´arboç, Tarragona (1980)
- Oito vivendas en Ringleira, Sant Just Desvern, Barcelona (1981)
- Vivenda rural na Coruña (1982)
- Praza en Canovelles, Barcelona (1983)
- Casa consistorial de Cangas (1984)
- Concello, biblioteca, chiringuito e Praza en Camas, Sevilla (1985)
- Ampliación do Concello, e reordenación da Praza Belluga en Murcia (1986)
- Praza en Capdepera, Illas Baleares (1986)
- Centro Cultural en Canovelles, Barcelona (1986)
- Colexio en Cambre (1989)
- Reforma e ampliación do club Universitario da Universidade da Coruña (1991)
- Colexio en Santa Comba (1991)
- Residencia Universitaria do Burgo das Nacións da Universidade de Santiago de Compostela (1992)
- Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (1993)
- Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, Santiago.
- Novo Edificio do Concello de Cangas (1995)
- Biblioteca da Universidade de Vigo, no Campus das Lagoas-Marcosende (1995)
- Centro de Saúde dos Mallos, A Coruña (1998)[2][3]
- Centro de Saúde de Elviña, A Coruña (1998)
- Centro de Saúde no Porto de Santa Cruz, Oleiros (1998)
- Estación para o AVE en Santiago de Compostela (2005)
- Nova Terminal do aeroporto da Lavacolla (2005)
Premios
editar- 1997. Premio para o Concello de Cangas na Bienal de arquitectura española.
- 2001. Premio para a Biblioteca da Universidade de Vigo na Bienal de arquitectura española.
- 2004. Premio para a Facultade de filoloxía e a Biblioteca de Vigo na Bienal de Venecia.
Notas
editar- ↑ Noguerol, A. Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. T6 ediciones. Pamplona, 1996.
- ↑ Noguerol y Díez
- ↑ "Centro de Saúde de Os Mallos". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Noguerol del Río, A. (1996) Alberto Noguerol, Pilar Díez: works, 1980-1996. Pamplona: Ed. T6 (en castelán) (en inglés).