Albert Finney
actor británico
Albert Finney, nado en Salford, Gran Manchester o 9 de maio de 1936 e finado en Londres o 7 de febreiro de 2019,[1] foi un actor inglés.
Traxectoria
editarA carreira como actor de Finney comezou no teatro en 1958, nunha obra dirixida Charles Laughton. Dous anos despois debutou no cinema con The Entertainer, de Tony Richardson, protagonizada por Laurence Olivier.
A pesar de conseguir en 1963 a primeira das súas catro candidaturas ao Oscar, en 1968 as súas aparicións na pantalla volvéronse menos frecuentes, concentrándose no teatro. Traballou tamén na televisión, como en The Gathering Storm , no que interpretou a Winston Churchill e que lle fixo gañar varios premios.
Filmografía
editarAno | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1960 | The Entertainer | Mick Rice | |
1960 | Saturday Night and Sunday Morning | Arthur Seaton | |
1963 | Tom Jones | Tom Jones | |
1964 | Night Must Fall | Danny | |
1967 | Two for the Road | Mark Wallace | |
1968 | Charlie Bubbles | Charlie Bubbles | Tamén director |
1970 | Scrooge | Ebenezer Scrooge | |
1971 | Gumshoe | Eddie Ginley | |
1974 | Asasinato no Orient Express | Hercule Poirot | |
1975 | The Adventure of Sherlock Holmes' Smarter Brother | Home da audiencia na ópera | Cameo |
1977 | The Duellists | Fouche | |
1981 | Looker | Dr. Larry Roberts | |
Wolfen | Dewey Wilson | ||
Loophole | Daniels | ||
1982 | Annie | Daddy Warbucks | |
Shoot the Moon | George Dunlap | ||
1983 | The Dresser | Sir | |
1984 | Under the Volcano | Geoffrey Firmin | |
1987 | Orphans | Harold | |
1990 | The Image | Jason Cromwell | |
The Green Man | Maurice Allington | ||
Morte entre as flores | Leo O'Bannon | ||
The Wall Live in Berlin | The Judge | ||
1992 | The Playboys | Hegarty | |
1993 | Rich in Love | Warren Odom | |
1994 | The Browning Version | Andrew Crocker-Harris | |
A Man of No Importance | Alfred Byrne | ||
1996 | Nostromo | Dr. Monyghan | |
1997 | Washington Square | Dr. Austin Sloper | |
1999 | Breakfast of Champions | Kilgore Trout | |
2000 | Erin Brockovich | Ed Masry | |
Traffic | Xefe de seguridade da Casa Branca | ||
2002 | The Gathering Storm | Winston Churchill | |
2003 | Big Fish | Vello Edward Bloom | |
2004 | Ocean's Twelve | Gaspar LeMarque | Cameo |
2005 | A noiva cadáver | Finis Everglot | Voz |
2006 | A Good Year | Tío Henry Skinner | |
Amazing Grace | John Newton | ||
2007 | The Bourne Ultimatum | Dr. Albert Hirsch | |
Before the Devil Knows You're Dead | Charles Hanson | ||
2012 | The Bourne Legacy | Dr. Albert Hirsch | |
Skyfall | Kincade |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Finney |
Ligazóns externas
editar- Albert Finney na IMDb (en inglés).