Tony Richardson
Cecil Antonio “Tony” Richardson, nado en Shipley (Yorkshire) o 5 de xuño de 1928 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de novembro de 1991, foi un director de cinema e teatro inglés.
Traxectoria
editarComezou no teatro durante os seus anos de universidade, sendo tanto produtor como crítico. En 1955 fixo o seu debut como director de teatro cunha obra estreada na televisión. Ao mesmo tempo dirixía as súas primeiras curtametraxes. Considérase dentro da New Wave británica, dirixindo obras paradigmáticas do movemento como Mirando cara a atrás con ira, de John Osborne. A adaptación cinematográfica desta obra foi a súa primeira película dirixida en solitario.
Entre 1962 e 1967 estivo casado coa actriz Vanessa Redgrave, coa que tivo dúas fillas, as tamén actrices Natasha Richardson e Joely Richardson.
En 1963 dirixiu Tom Jones, coas que gañou o Óscar ó mellor filme e ao mellor director. O seu último filme, As cousas que nunca morren, co que Jessica Lange gañou o Óscar á mellor actriz foi estreado tres anos despois da morte de Richardson, acontecida en 1991 por complicacións derivadas da SIDA.
Obra
editar- Mirando cara a atrás con ira (1959)
- The Entertainer (1960)
- A Subject of Scandal and Concern (1960)
- Sanctuary (1961)
- A Taste of Honey (1961)
- A soidade do corredor de fondo (1962)
- Tom Jones (1963)
- O finado (1965)
- Mademoiselle (1966)
- Red and Blue (1967)
- The Sailor from Gibraltar (1967)
- The Charge of the Light Brigade (1968)
- Laughter in the Dark (1969)
- Hamlet (1969)
- Ned Kelly (1970)
- A Delicate Balance (1973)
- Dead Cert (1974)
- Joseph Andrews (1977)
- A Death in Canaan (1978)
- The Border (1982)
- The Hotel New Hampshire (1984)
- Beryl Markham: A Shadow on the Sun (1988)
- As cousas que nunca morren (1994)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Tony Richardson na IMDb (en inglés).