Abrir o menú principal

Traffic (filme de 2000)

Filme de 2000 dirixido por Steven Soderbergh

Traffic é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Steven Soderbergh e escrito por Stephen Gaghan. Explora o tráfico ilegal de drogas dende múltiples perspectivas: adictos, policías, políticos e traficantes. Estas historias están editadas e entrecruzadas ó longo do filme, malia que algúns dos personaxes non chegan a coñecerse entre eles. É unha adaptación da serie de televisión británica Traffik, emitida por Channel 4.

Traffic
Ficha técnica
Título orixinalTraffic
DirectorSteven Soderbergh
ProdutorEdward Zwick
Marshall Herskovitz
Laura Bickford
GuiónStephen Gaghan
Baseado enTraffik de Simon Moore
IntérpretesMichael Douglas
Don Cheadle
Benicio Del Toro
Dennis Quaid
Catherine Zeta-Jones
MúsicaCliff Martinez
FotografíaPeter Andrews
MontaxeStephen Mirrione
EstudioBedford Falls Productions
Laura Bickford Productions
Initial Entertainment Group
DistribuidoraUSA Films
EstreaOs Ánxeles: 27 de decembro de 2000
Flag of the United States.svg 5 de xaneiro de 2001
Duración147 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$48 000 000[1]
Recadación$207 500 000[1]

Traffic foi aclamada pola crítica e gañou numerosos premios, incluíndo catro Oscars: mellor director para Steven Soderbergh, mellor actor secundario para Benicio del Toro, mellor guión adaptado para Stephen Gaghan e mellor montaxe para Stephen Mirrione. Tamén foi un éxito comercial que recadou en todo o mundo $207,5 millóns, sobre un orzamento estimado de $46 millóns.

Índice

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Traffic (2000)". Box Office Mojo. IMDb. Consultado o 3 de marzo de 2012.

Véxase taménEditar