Airiños (Buenos Aires)

Airiños é unha revista editada en Buenos Aires dende 1944.

Airiños
PaísArxentina
Fundación1944
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista da Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires, apareceu o 1 de xullo de 1944. Dirixida na súa segunda etapa por Eliseo Alonso, reproduciu textos de escritores galegos como Manuel Curros Enríquez, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza-Brey, Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor. Incluía información sobre as sociedades galegas, e as seccións "Ondas do mar" dedicada á poesía e "Estante de Libros", sobre literatura. En 1983 o director era Ramón Berdullas Martínez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar