Airas Carpancho
Trobador de século XIII
Airas Carpancho foi un trobador galego de finais do século XII e primeira metade do século XIII. Pertence á primeira época da lírica galego-portuguesa.[1] É posible que o apelido proveña da expresión "corpo ancho"
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Traxectoria
editarPolas investigacións de Yara Frateschi Vieira e Xosé Antonio Souto Cabo comézase a coñecer algo sobre a súa vida.[1] Foi un cabaleiro, fillo de Fernando Pais, nado en Santiago de Compostela e con posesións en Teo. Consta que tivo dous irmáns que estudaron en París, un deles foi tamén poeta (en latín). Debeu vivir entre os anos 1180 e 1245. Dunha das súas obras dedúcese que frecuentou o círculo literario de Dona Costança Martins e Don Munio de Rodeiro.[2]
Obra
editarConsérvanse trece obras: doce cantigas de amigo e unha cantiga de amor.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Airas Carpancho". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). ISSN 1989-4546. Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ "Airas Carpancho - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 4 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.