Abrir o menú principal

Agustín Vega

(Redirixido desde "Agustín Vega Fuente")

Agustín Vega Fuente, nado en Nogarejas (León) o 10 de marzo de 1954, é un sindicalista e político galego.

Agustín Vega
Nacemento10 de marzo de 1954
 Provincia de León
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Camareiro nunha cafetería, afiliouse á UXT, e en 1978 fíxose cargo da secretaría xeral dese sindicato na provincia de Ourense, cargo que ocupou ata 1988. Nese ano abandona o traballo interno sindical para saltar á area política, ao entrar como concelleiro suplente no pleno municipal de Ourense, en representación do PSdeG-PSOE, no goberno de Manuel Veiga Pombo. Tamén accede conseguintemente ao cargo de deputado provincial. Nas eleccións xerais de 1989 encabezou a candidatura ao Senado do socialistas pola provincia de Ourense, e saíu elixido.

Nas eleccións locais de 1991 mudou o concello de Ourense polo de Amoeiro, por onde saíu elixido concelleiro, pero onde non conseguiu a alcaldía. Ao deixar o Senado concorreu ás eleccións ao Parlamento de Galicia 1993, onde foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense, sempre en representación do PSdeG-PSOE. En 1995 deixa a concellería en Amoeiro e en 1997 tamén o escano no Hórreo. En 1995 foi condenado a un ano de cárcere por un delito de falsidade ao asinar os resultados dunhas eleccións sindicais en 1982, logo do caso pasar por distintos tribunais dado a súa condición de aforado[1].

Apartado durante anos da vida política, en 2011 presentouse ás eleccións locais ao concello de Ourense encabezando a candidatura de UPyD, pero non saíu elixido concelleiro. Ten unha granxa en Amoeiro onde se dedica á produción de caracol.[Cómpre referencia]

NotasEditar

Véxase taménEditar