Abrir o menú principal

Agustín Jorge Etcheverri

médico e político galego

Agustín Jorge Etcheverri, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936, foi un médico e político galego.

Agustín Jorge Etcheverri
Agustín Jorge Etcheverri.jpg
Nacemento1902
 Santiago de Compostela
Falecemento24 de setembro de 1936
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou no Colexio de San Buenaventura e despois licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1927). Estableceuse en Cangas como médico a finais de 1927 e traballou para o pósito. Foi o primeiro presidente do Círculo Republicano Radical de Cangas formado en 1931, sendo representante do Partido Republicano Radical en Pontevedra. Foi Xuíz municipal de Cangas (1933). En 1935 foi un dos fundadores e o primeiro presidente de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 23 de xullo acusado de rebelión militar e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto ao secretario do concello Francisco Búa Carou, Lorenzo Corbacho Rodal, Víctor Sánchez Mártil e José Rodal Lanzós. Condenado á pena de morte, foi fusilado en Pontevedra o 24 de setembro de 1936.


Predecesor:
Francisco Eiroa Graña
  
Alcalde de Cangas
 
1936
Sucesor:
-

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar