José Rodal Lanzós

mariñeiro e político galego

José-Modesto Rodal Lanzós, coñecido como Marrixo, nado en Cangas cara a 1885, foi un mariñeiro e político galego.

José Rodal Lanzós
Nacemento1885
Lugar de nacementoCangas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosÁngel Rodal Blanco
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Patrón de costa. Foi un dos fundadores da Agrupación Socialista de Cangas, con Lorenzo Corbacho Rodal, Aniceto Franco, Manuel Nores Sotelo, Antonio Varela e Ángel Mato Peña. Directivo da Alianza Marinera e militante da CNT. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Cangas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo cando estaba nunha barbería e ingresou na prisión de Cangas. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 19 de setembro xunto a Agustín Jorge Etcheverri, Francisco Búa Carou, Víctor Sánchez Mártil, Lorenzo Corbacho Rodal, Ángel Fernández del Río, Manuel Sotelo Suárez e Jesús Barreiro Martínez. Foi condenado a cadea perpetua. Estivo preso no campo de concentración de San Simón e despois foi trasladado á prisión do Forte de San Cristovo. Conmutáronlle a pena a 4 anos o 12 de decembro de 1942. Sufriu expediente de responsabilidade civil pola Comisión Provincial de Incautación de Bens en 1939.[1]

Vida persoal editar

Casou con Dolores Blanco Montes, e foi pai de Dolores, Ángel e Jose Rodal Blanco.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 3-1-1939, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar