Ángel Fernández del Río

barbeiro e político galego

Ángel Fernández del Río, nado en Cangas en 1903, foi un barbeiro e político galego.

Infotaula de personaÁngel Fernández del Río
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata (120/121 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbarbeiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Barbeiro en Cangas. Foi un dos fundadores do Alondras Club de Fútbol en 1928.[1] Afiliado a Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Cangas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 26 de xullo. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 19 de setembro xunto a Agustín Jorge Etcheverri, Francisco Búa Carou, Víctor Sánchez Mártil, Lorenzo Corbacho Rodal, José Rodal Lanzós, Manuel Sotelo Suárez e Jesús Barreiro Martínez, foi condenado a 15 anos de prisión. Posteriormente conmutáronlle a pena a 3 anos de prisión menor. Estivo catro anos preso no Lazareto de San Simón. Saíu o 15 de xullo de 1940.[2]

Notas editar

  1. La cara amable del Alondras
  2. "«Fui condenado a muerte por ser concejal». Testimonio de Ángel Fernández del Río, militante de Izquierda Republicana". La Voz de Galicia, 20-7-1987, p. 30-31.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández del Río, Angel. "Unha traxedia española. Memorias dun supervivente da Guerra". En Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados, pp. 111 - 125.

Ligazóns externas editar