Age of Mythology
Age of Mythology (comunmente abreviado como AoM) é un videoxogo para PC de estratexia en tempo real en base mitolóxica desenvolvida por Ensemble Studios e publicada por Microsoft Game Studios. Lanzado ó mercado o 1 de novembro de 2002 nos Estados Unidos e unha semana máis tarde en Europa. O xogo ten unha expansión coñecida como Age of Mythology: The Titans.
Age of Mythology | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Ensemble Studios |
Distribuidora(s) | Microsoft Game Studios |
Director(es) | Tony Goodman |
Produtor(es) | David Rippy |
Deseñador(es) | Ian F. Fischer Bruce Shelley |
Artista(s) | Lance Hoke |
Compositor(es) | Stephen Rippy Kevin McMullan |
Lanzamento | 2002 |
Xénero | Estratexia en tempo real |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | PEGI ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows,[1] OS X |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
Forma parte da saga de videoxogos Age of Empires. Age of Mythology está inspirado nos mitos e lendas dos gregos, exipcios e nórdicos. Porén, moitos elementos do xogo son semellantes ós outros videoxogos de Age of Empires. As campañas están baseadas no almirante da Atlántida Arkantos, o cal se ve obrigado a viaxar polas terras das tres culturas do xogo á caza dun ciclope que se aliou con Poseidón en contra da Atlántida.
Opcións do xogo
editarO xogo permite xogar individualmente (escenarios individuais), contra outros opoñentes vía Internet ou superar tódolos niveis dunha campaña. Nesta campaña, o heroe Arkantos, nado na Atlántida, terá que partir da súa patria por perder o favor dos deuses. Emprenderá unha aventura que o levará á Guerra de Troia, a recuperar as reliquias do deus exipcio Osiris e visitar o inframundo a fin de vencer ó principal antagonista do xogo (Gargarensis). Arkantos acada a inmortalidade como premio pola súa xesta.
Notas
editar- ↑ "System Requirements". Microsoft Game Studios. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 4 de outubro de 2007.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |