Age of Empires

serie de videoxogos de Microsoft
Este artigo trata sobre a serie de videoxogos, para o xogo orixinario vexa Age of Empires (videoxogo).

Age of Empires, abreviado AOE ou Age, é unha serie de videoxogos de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios e publicada por Microsoft Game Studios.

Age of Empires
Xénerovideoxogo de estratexia en tempo real
Modos de xogomodo cooperativo
Plataforma(s)Microsoft Windows
Na rede
https://www.ageofempires.com/
Facebook: ageofempires Twitter: ageofempires Instagram: ageofempiresgame Youtube: UCidjrp1fZd8TehYD2eYYPvg Twitch: ageofempires Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O primeiro título, Age of Empires, apareceu en 1997; e dende aquela lanzáronse outros tres títulos e seis expansións máis. Todos eles contan con dous modos principais de xogo (mapa aleatorio e campaña) e tratan sobre diferentes eventos históricos que ocorreron realmente.

Os dous primeiros títulos, Age of Empires e Age of Empires: The Rise of Rome, céntranse nos eventos acaecidos en Europa e Asia dende a Idade de Pedra até a Idade clásica, explorando o segundo a formación e expansión do Imperio Romano.

Age of Empires II: The Age of Kings, e a expansión do mesmo Age of Empires II: The Conquerors, céntranse no período que vai dende a Idade Media até a conquista de México. Age of Empires III e as súas expansións, Age of Empires III: The WarChiefs e Age of Empires III: The Asian Dynasties, ambiéntanse na época pre-moderna, a través da colonización europea de América e a expansión de varias nacións de Asia. Un xogo derivado, Age of Mythology, lanzado entre The Conquerors e Age of Empires III, fíxase no período do primeiro Age of Empires, versando sobre as mitoloxías grega, nórdica, exipcia e atlántida.

A saga Age of Empires foi un éxito comercial, vendendo máis de 20 millóns de copias, tendo a popularidade dos xogos de Ensemble Studios gran reputación no xénero.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar