Age of Empires III

videoxogo de 2005

Age of Empires III é un videoxogo de estratexia en tempo real desenvolvido por Ensemble Studios, de Microsoft Corporation, e distribuído por Microsoft Game Studios. A versión Mac foi adaptada e distribuída por Destineer de MacSoft. A versión de PC foi estreada o 18 de outubro de 2005 en América do Norte, e o 4 de novembro de 2005 en Europa, mentres que a versión Mac foi estreada o 21 de novembro de 2006 en América do Norte e o 29 de setembro de 2006 en Europa. A versión de N-Gage foi desenvolvida por Glu Mobile e foi estreada o 28 de abril de 2009.[2][3][4] É o terceiro xogo da serie Age of Empires e a secuela de Age of Empires II: The Age of Kings.

Age of Empires III
Desenvolvedor(es)Ensemble Studios
Distribuidora(s)Microsoft Game Studios (PC)
MacSoft & Destineer (Mac)
Glu (Windows Mobile, N-Gage)
Deseñador(es)Bruce Shelley[1]
Lanzamento2005
XéneroEstratexia en tempo real
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, macOS, Windows Mobile, N-Gage
SerieAge of Empires
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt0488937 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.

O xogo recrea a colonización europea de América, entre os anos 1492 e 1876. Hai catorce civilizacións dispoñibles no xogo. Age of Empires III supuxo numerosas innovacións na serie, en particular coa achega da "Home City", que mestura estratexia en tempo real e xogo de rol. Tivo dúas expansións: a primeira, Age of Empires III: The WarChiefs, foi estreada o 17 de outubro de 2006 e introduciu tres civilizacións nativas americanas; a segunda, Age of Empires III: The Asian Dynasties, foi estreada o 23 de outubro de 2007, e inclúe tres civilizacións asiáticas.

Age of Empires III vendeu máis de 2 millóns de copias até maio de 2008. Ademais, recibiu críticas favorables e numerosos premios incluíndo "Best RTS game of 2005" de GameSpy. Foi un dos xogos máis vendidos do ano 2005.[5] En 2007, Age of Empires III foi o sétimo videoxogo mellor vendido, con máis de 313 000 copias vendidas ese ano.[6]

Notas editar

  1. "57. Bruce Shelley". ign.com. Consultado o 4 de abril de 2017. 
  2. ikona (28 de abril de 2009). "Age of Empires III Marches onto N-Gage". N-Gage. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2009. Consultado o 1 de maio de 2009. 
  3. "Glu Mobile Reveals North American Lineup of Games for the First Quarter of 2009". Glu Mobile Inc. 22 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2009. Consultado o 23 de xaneiro de 2009. 
  4. ikona (22 de xaneiro de 2009). "Age of Empires III for N-Gage". N-gage. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de xaneiro de 2009. 
  5. ""Age of Empires III" Expands Into the Eastern World This Fall". Age Community. 18 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2007. Consultado o 14 de outubro de 2007. 
  6. "2007 sales figures". GameDaily. 25 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar