En psicoloxía a afectividade é a subsceptibilidade que o ser humano experimenta diante determinadas alteracións que se producen no mundo exterior ou no seu propio mundo e que se expresa a través do comportamento emocional, os sentimentos e as paixóns. As carencias na afectividade poden afectar gravemente á conduta do individuo.

William Adolphe Bouguereau (1825–1905): Jeune fille se défendant contre l'Amour, en galego Rapaza defendéndose do Amor.

Do latín affectus, o afecto é unha das paixóns do ánimo. Trátase da inclinación cara alguén ou algo, especialmente de amor ou cariño.

Psicoloxía

editar

O afecto está considerado unha necesidade para todos os organismos sociais, xa que consiste nun traballo que unha persoa realiza en beneficio doutra. Por outro lado hai normas, valores, rituais e sinais afectivas que manteñen a estrutura social das persoas.

Os sinais afectivos

editar

Os sinais afectivos exprésanse nun amplo repertorio de condutas esteriotipadas, xenética e culturalmente. A súa función é garantir a dispoñibilidade afectiva de quen as emite con respecto ao receptor. Estes sinais poden ser un sorriso, un saúdo, sinais de aceptación, o apoio etc. As ciencias que estudan este tipo de sinais son a etoloxía e a antropoloxía.

Maneiras de entender o afecto

editar

Unha característica moi importante é que, a diferenza das emocións, o afecto é algo que se acumula. Nalgunhas circunstancias almacenamos unha maior cantidade de afecto para ofrecerlle aos demais.

Por outra parte a nosa experiencia ensínanos que dar afecto require un esforzo. Coidar, axudar ou comprender a outras persoas non pode facerse sen esforzo. Por exemplo, a ilusión dunha nova relación non nos deixa ver o esforzo que realizamos para agradar ao outro e para proporcionarlle benestar. Pero en moitos casos ese esforzo podémolo percibir coa sensación de benestar que nos porporciona. Por exemplo, coidar a alguén que está enfermo require un esforzo pero é unha forma de proporcionar afecto. Tratar de comprender a unha persoa, facela sorrir, ofrecerlle apoio forma parte do afecto. Pero este está intimamente ligado ás emocións inda que teñan as súas diferenzas. Empréganse termos semellantes para expresar unha emoción ou un afecto. Así dicimos: "síntome moi satisfeita" (emoción) ou ben "dame moita seguridade" (afecto). Parece que designamos o afecto recibido pola emoción particular que nos produce.

Os afectos en Spinoza

editar

Segundo Baruch de Spinoza, as afeccións fundamentais son tres:

  • Alegría.
  • Tristeza.
  • Desexo.

As definicións dos afectos, segundo Spinoza:[1]

  • O desexo é a esencia mesma do home en canto é concibida como determinada a obrar algo por unha afección calquera dada por ela.
  • A alegría é a transición do home dunha menor a unha maior perfección.
  • A tristeza é a transición do home dunha maior a unha menor perfección.
  • A admiración é a imaxinación dalgunha cosa na cal a alma permanece absorta, porque esta imaxinación singular non ten conexión coas demais.
  • O desprezo é a imaxinación dalgunha cousa que toca tan pouco a alma, que a alma mesma, pola presenza da cousa, é movida a imaxinar o que na cousa mesma non existe, máis ben que o que nela existe.
  • O amor é unha alegría acompañada pola idea dunha causa externa.
  • O odio é unha tristeza acompañada pola idea dunha causa externa.
  • A propensión é unha alegría acompañada pola idea de alguna cousa que é, por accidente, causa de alegría.
  • A aversión é unha tristeza acompañada pola idea dalgunha cousa que é, por accidente, causa de tristeza.
  • A devoción é a entrega total a unha experiencia, polo xeral de carácter místico.
  • A irrisión é unha alegría nacida de que imaxinamos que hai algo desprezable na cousa que odiamos.
  • A esperanza é unha alegría inconstante nacida da idea dunha cousa futura ou pretérita de cuxo suceso dubidamos até certo punto.
  • O medo é unha tristeza inconstante, nacida da idea dunha cousa futura ou pretérita, de cuxo suceso dubidamos até certo punto.
  • A seguridade é unha alegría nacida da idea dunha cousa futura ou pretérita acerca da cal desapareceu toda causa de dúbida.
  • A desesperación é unha tristeza nacida da idea dunha cousa futura ou pretérita acerca da cal desapareceu toda causa de dúbida.
  • O gozo é unha alegría, acompañada pola idea dunha cousa pretérita que sucedeu sen que se esperase.
  • O remordimento de conciencia é unha tristeza acompañada pola idea dunha cousa pretérita que sucedeu sen que se esperase.
  • A conmiseración é unha tristeza acompañada pola idea dun mal que sucedeu a outro a quen imaxinamos semellante a nós.
  • A aprobación é o amor cara alguén que ficxo ben a outro.
  • A indignación é o odio caraa alguén que fixo mal a outro.
  • A sobreestimación é estimar a alguén, por amor, en máis do xusto.
  • O menosprezo é estimar a alguén, por odio, en menos do xusto.
  • A envexa é o odio en canto afecta ao home de tal maneira que se entristece coa felicidade doutro, e, polo contrario, goza no mal doutro.
  • A misericordia é o amor, en canto afecta ao home de tal maneira que se goza no ben doutro, e, polo contrario, se entristece co mal doutro.
  • A satisfacción de si mesmo é unha alegría nacida de que o home se considera a si mesmo e considera a súa propia potencia de obrar.
  • A humildade é unha tristeza nacida de que o home considera a súa propia impotencia ou fraqueza.
  • O arrepentimiento é unha tristeza acompañada pola idea de algo que cremos ter feito por un libre decreto da alma.
  • A soberbia consiste en estimarse, por amor de si, en máis do xusto.
  • A abxección consiste en estimarse por tristeza en menos do xusto.
  • A gloria é unha alegría acompañada pola idea dalguna acción nosa que imaxinamos que os demais alaban.
  • A vergoña é unha tristeza acompañada pola idea dalgunha acción que imaxinamos que os demais vituperan.
  • A nostalxia é o desexo ou apetito de posuir unha cousa, sustentado polo recordo desta cousa e ao mesmo tempo reprimido polo recordo duotras cousas que exclúen a existencia da cousa apetecida.
  • A emulación é o desexo dunha cousa que se enxendra en nós porque imaxinamos que outros teñen o mesmo desexo.
  • O agradecemento ou gratitude é un desexo ou afán de amor con que nos esforzamos en facer ben a aquel que nos fixo un ben, con igual afecto de amor.
  • A benevolencia é un desexo de facer ben a aquel por quen sentimos conmiseración.
  • A ira é un desexo que nos incita, por odio, a facer mal a quen odiamos.
  • A vinganza é un desexo que nos incita, por odio recíproco, a facer mal a quen afectado por igual afecto, nos inferiu un dano.
  • A crueldade ou sevicia é un desexo polo cal alguén é incitado a facerlle mal a quen amamos ou a aquel por quen sentimos conmiseración.
  • O temor é un desexo de evitar un mal maior, do que temos medo, mediante outro menor.
  • A audacia é un desexo polo cal algén é incitado a facer algo correndo un perigo que os seus iguais teñen medo de arrostrar.
  • A pusilanimidade, dise, é propia daquel cuxo desexo é reprimido polo temor dun perigo que os seus iguais ousan arrostrar.
  • A consternación, dise, é propia daquel cuxo desexo de evitar un mal, é reprimido pola admiración que lle produce o mal que teme.
  • A humanidade ou modestia é un desexo de facer aquilo que agrada aos homes e de absterse de aquilo que lles desagrada.
  • A ambición é un desexo inmoderado de gloria.
  • A gula é un desexo inmoderado ou tamén amor de comer.
  • A embriaguez é un desexo inmoderado e amor de beber.
  • A avaricia é un desexo inmoderado e amor de riquezas.
  • A luxuria é tamén desexo e amor de axuntamento carnal.
  1. Spinoza, Baruch de. Ética demostrada según el orden geométrico. Fondo de Cultura Económica. ISBN 968-16-0497-0.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar