Aeroporto de Banja Luka

O aeroporto internacional de Banja Luka (IATA: BNXOACI: LQBK), tamén coñecido como aeroporto de Mahovljani pola próxima vila do mesmo nome, é un aeroporto situado a 18 quilómetros ao norte da cidade de Banja Luka, a segunda máis grande da República Serbia, en Bosnia e Hercegovina. O aeroporo está operado pola empresa estatal Aerodromi Republike Srpske.

Aeroporto de Banja Luka
Међународни аеродром Бања Лука

IATA: BNX – ICAO: LQBK
Sumario
Tipo público
Operador Aerodromi Republike Srpske
Cidade/Illa Banja Luka
Localización Mahovljani
Elevación (msnm) 122 metros / 400 pés
Coordenadas Coordenadas: 44°56′29″N 17°17′51″L / 44.941388888889, 17.2975
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 2 500 8 202 asfalto/formigón
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 20 867[1]

Historia editar

A construción do aeroporto de Banja Luka comezou no ano 1976. Segundo os plans de desenvolvemento, Banja Luka foi construído como un aeroporto de segunda categoría, restrnxido a tráfico doméstico no territorio da República Federal Socialista de Iugoslavia. Tras a guerra de Bosnia creouse a República Serbia con Banja Luka como a capital de facto. Este feito deulle ao aeroporto unha certa importancio e un rol completamente distinto. O aeroporto abriu para o tráfico civil o 18 de novembro de 1997. Dende 1999 ata 2003 serviu como principal centro de conexións de Air Srpska, que foi a aeroliña nacional da República Serbia. A compñaía fora fundada por Jat Airways e o goberno da República Serbia. A aeroliña cesou as súas operacións en 2003 despois de que súa débeda aumentase e da retirada de Jat Airways da asociación. Houbo plans para que Sky Srpska, unha aeroliña estatal fundada en 2007, comezase a operar no aeroporto, porén a aeroliña nunca chegou a ter avións e desapareceu en 2013. As súas instalacións foron melloradas en 2002 e 2003, antes da visita do papa Xoán Paulo II a Banja Luka en xuño de 2003.

Austrian Airlines e Montenegro Airlines voaron a Banja Luka a finais dos 90 e principios dos 2000 dende as súas respectivas bases en Viena e Tivat. Dende a desaparición de Air Srpska, o goberno da República Serbia intentou atraer novas aeroliñas para que voasen ao aeroporto a través de varias subvencións. Entre os voos subvencionados estaban os de Jat Airways a belgrado entre novembro de 2007 e decembro de 2009, os de Austrojet cara a Salzburgo e Tivat entre xullo e decembro de 2008. e os de Adria Airways a Liubliana entre xullo de 2010 e novembro de 2011.

O 15 de decembro de 2010 para celebrar a abolición dos requisitos de visado para cidadáns bosníacos viaxando a países do Espazo Schengen, organizouse un voo chárter simbólico dende Banja Luka a Bruxelas. No ano 2011 polo aeroporto pasaron 8 367 pasaxeiros, un 74% máis que no ano anterior.

O número de pasaxeiros duplicouse en 2014, cando Air Serbia retomou os voos cara a Belgrado, que están subvencionados polo goberno da República Serbia,[2] pero resentíuse no ano seguinte debido á bancarrota de BH Airlines e a suspensión da ruta a Zúric. En abril de 2018 Ryanair anunciou que comezaría a voar a Banja Luka con servizos cara a Bruxelas Charleroi e Memmingen en outubro de 2018.[3]

Aeroliñas e destinos editar

Aeroliñas Destinos
Air Serbia Belgrado
Aviolet Chárter estacional: Antalya (comeza en xuño de 2018)[4]
Ryanair Charleroi (comeza en outubro de 2018), Memmingen (comeza en outubro de 2018)[3]

Notas editar

  1. BHDCA (ed.). "Traffic data". Consultado o 10 de maio de 2018. 
  2. EX-YU Aviation News (ed.). "Banja Luka extends Air Serbia subsidy deal". Consultado o 12 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Ryanair (ed.). "First Flights From Bosnia & Herzegovina". Consultado o 12 de maio de 2018. 
  4. EX-YU Aviation News (ed.). "Air Serbia to run Banja Luka charters". Consultado o 12 de maio de 2018.