Adolphe-Simon Neboux

médico e naturalista francés

Adolphe-Simon Neboux, nado o 22 de febreiro de 1806 en La Châtre, Indre, Francia, e finado o 5 de setembro de 1885, foi un médico e naturalista francés especializado en ornitoloxía.

Infotaula de personaAdolphe-Simon Neboux
Nome orixinal(fr) Adolphe Simon Neboux Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1806
La Châtre, Indre, Francia
Morte5 de setembro de 1885
París
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadefrancesa
Actividade
Ocupaciónmédico, naturalista, ornitólogo
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Cabaleiro da Lexión de Honor

Traxectoria

editar

Neboux participou nunha exploración científica por todo o mundo, a bordo da fragata La Vénus (1836-1839), expedición comandada por Abel Aubert Du Petit-Thouars (1793–1864).[1] visitando, entre outros lugares, a costa do Pacífico de América do Norte e as illas Galápagos.

Nas Galápagos, recolectou espécimes de Zenaida galapagoensis (a pomba de Galápagos), Progne modesta (a andoriña de Galápagos), Geospiza fortis e Geospiza scandens (dous pimpíns de Darwin).

En 1839 doou ao Museo Nacional de Historia Natural de Francia moitos espécimes de historia natural,[2] incluídos mamíferos, aves, réptiles, anfibios e moluscos, algúns dos cales consérvanse aínda en alcohol. Geoffroy Saint-Hilaire dixo del que, «até agora, moi poucas coleccións ornitolóxicas mostraran, en proporción ao número, tantas especies novas e tan dignas de interese científico como as do señor Neboux». Con respecto á xeoloxía achegou 115 rochas; Élie de Beaumont salientou a circunstancia de que as achegas de Neboux aínda tiñan máis valor e interese, xa que as mostras de rochas subministradas por el, incluían sempre notas detalladas, claras e precisas; o Museo, que aínda non posuía daquela ningunha rocha de Kamchatka e de California, puido así aprecilas nestas novas achegas.

Neboux describiu, en 1846, a especie Larus furcatus, hoxe coñecida como Creagrus furcatus (Neboux, 1846).[3]

Algunhas publicacións

editar
  • Dissertation sur le scorbut observé à bord de la frégate La Vénus, pendant la campagne qu'elle a faite autour du monde dans les années 1837, 1838 et 1839. (1840). Revue Zoologique 3 : 289-291.[2]
  • Projet d'organisation de l'assistance publique dans la ville de Paris limité au service des secours à domicile... suivi d'un projet d'une nouvelle organisation du service médical des indigents,... par le Dr Neboux... Editor Impr. de N. Chaix. (1850).

Honores

editar

Foi galardoado como cabaleiro da Lexión de Honor de Francia.

Epónimos

editar

Abreviatura

editar

A abreviatura Neboux (ás veces grafada como Néboux) emprégase para recoñecer a Adolphe Simon Neboux como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Harvard University Herbaria & Libraries Lista de Botánicos.
  2. 2,0 2,1 Archive.org Full text of "Bulletin of the British Museum (Natural History)"
  3. Creagrus furcatus (Néboux, 1842) no WoRMS.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Claudine Rigaudeau-Privat (1978): Les journaux de bord du "chirurgien naviguan" Adolphe-Simon Neboux. Universidade de Nantes. (Ver en: SUDOC).

Outros artigos

editar