Abades, Baltar
parroquia civil do concello de Baltar
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abades.
San Paio de Abades é unha parroquia do concello de Baltar na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 205 habitantes (110 homes e 105 mulleres), 32 menos ca en 2000.
Abades | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Baltar[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°54′34″N 7°47′45″O / 41.909408333333, -7.795925 |
Poboación | 186 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Baltar. En 1826 tiña 400 habitantes[2], e en 1846 tiña 276[3]. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Limia, pertencente á diocese de Ourense.
Cara ao sur, a través da Raia Seca, limita con Portugal, co concello de Montalegre.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ Miñano Bedoya, S. (1826): Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABADES").
- ↑ Madoz, Pascual (1845). "ABADES". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 32.
Lugares e parroquias
editarLugares de Abades
editarLugares da parroquia de Abades no concello de Baltar (Ourense) | |
---|---|
A Quinta | Sabucedo dos Peros | San Martiño dos Peros | San Paio |